Acudiron nesta xornada na vila mariñeira preto de 60 palanadores e palanadoras
O dia amañeceu con choiva pero antes de comezar a xornada en Laxe o tempo melloraba. Algúns palanadores querían xogar onde estaba previsto: na praia de Laxe. É un lugar onde a visión do xogo sería mais fermosa que dentro do pavillón e reducir a posibilidade de contaxio en espazo aberto. Pero desde a organización decidiron xogar finalmente no pavillón.
Categoría Infantil
- Primeiro: Abel do Campo da Feira-Paiosaco
- Segundo: Óscar García do Cochiqueiros-Cerceda
- Terceira: Carmela da APB A Laracha
Categoría feminina
- Primeira: Isa do Campo da Feira-Paiosaco
- Segunda: Mercedes do Campo da Feira-Paiosaco
- Terceira: Lola do Rinocerontes-Pontevedra
Categoría Absoluta
- Campión: Xosé Collazo do Campo da Feira-Paiosaco
- Segundo: Javier do Chaínzos-Cadaval de Castro de Rei (Lugo)
- Terceiro: Berdillo do Cochiqueiros
Equipos
- O Campo da Feira dominou a xornada e foi o equipo vencedor
- APB na segunda posición
- Cochiqueiros como terceiros
A Liga Atlántica de Billarda agradeceu ao Concello de Laxe pola súa presenza, representada polo alcalde Jose Luis Añón. Tamén, estivo a concelleira de Cultura, Raquel Lema Allo. Ambos entregaron os premios aos vencedores e agasallaron coa típica tortilla doce de Laxe. A próxima xornada de Billarda celebrarase na Silva-Cerceda e contará co convite do restaurante “O Cordobés” de Razo.