sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Novo campo de voluntariado internacional este verán na Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 16, 2022
in Parroquias
0
Castro Montes Claros en A Laracha

Voluntariado internacional na zona de Montes Claros (imaxe do arquivo)

0
COMPARTIDA
38
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A inscrición para o voluntariado internacional no Castro de Montes Claros ábrese o mércoles 19 de maio

O Concello da Laracha organizará no próximo verán un novo campo de voluntariado internacional de temática arqueolóxica. A iniciativa está centrada, como no 2021, na posta en valor do Castro de Montes Claros e a conservación do seu entorno. Enmércase na campaña de verán 2022 da Xunta de Galicia -Consellería de Política Social-. Está dirixida a un máximo de quince mozos de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

A data da actividade é do 26 de xullo ao 6 de agosto e o prazo de inscrición abrirase o próximo mércores 19 de maio. As inscricións deben realizarse en liña na web xuventude.xunta.es. Tamén se pode ampliar información sobre a oferta de campos de voluntariado dispoñibles en Galicia, noutras comunidades españolas e en países de Europa e América. Os campos de voluntariado dan a oportunidade aos mozos de vivir unha experiencia única baseada en dous aspectos fundamentais:

  • Prestar un servizo de interese xeral á comunidade e reforzar os valores sociais a través da participación grupal con persoas procedentes doutras comunidades e países.
  • Desfrutarán de actividades de lecer complementarias.

Formación, traballo e coñecementos

Nesta ocasión o traballo específico consistá en tarefas auxiliares de colaboración na segunda escavación do xacemento como a limpeza dos afloramentos rochosos. Neles é precisa a intervención manual ante a posibilidade de atopar petroglifos. Previamente os participantes recibirán formación relativa á identificación das estruturas do poboado fortificado e das paisaxes históricas. Tamén se fará especial fincapé no mantemento da biodiversidade animal e vexetal, fomentando o respecto e interese por preservar as paraxes de interese arqueolóxico. Pero tamén aquelas que presentan riqueza medioambiental, etnográfica e patrimonial.

Ese traballo específico no castro levarase a cabo polas mañás, sempre baixo o control da dirección do obradoiro e con supervisión arqueolóxica. Nas tardes e nas fins de semana os voluntarios realizarán outra serie de actividades de tipo educativo, didáctico e cultural que tamén lles permitirá coñecer o termo municipal da Laracha, a súa historia e tradición. Durante a súa estancia aloxaranse nas instalacións do centro sociocultural de Santa Margarida (antigo hospital dos peregrinos de Montemaior). A organización asumirá ao completo os custes da estancia e manutención dos participantes, así como das actividades culturais que realicen.

Excavación arqueolóxica Castro de Montes Claros
Tags: Concello de LarachaNoticias de Laracharural
⬅ Noticia Anterior

O novo presidente da Xunta nomea ao seu Goberno

Siguiente Noticia ➡️

Amplía zona azul gratuíta nas rúas próximas ao Centro de Saúde

Siguiente Noticia ➡️
nova zona azul no Concello da Laracha

Amplía zona azul gratuíta nas rúas próximas ao Centro de Saúde

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil