O proxecto en Lestón está en fase de redacción, pero xa se solicitou o inicio da Avaliación Ambiental Estratéxica
O Concello da Laracha iniciou os trámites para a Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan especial que permitirá transformar o entorno da igrexa de San Martiño de Lestón. A intervención contempla urbanizar o entorno do templo parroquial para crear nesa zona un espazo que fará a dobre función de praza pública e de zona de aparcamento.
A actuación contará co capacidade para sesenta vehículos e tamén autobuses. Para unha mellor integración no entorno, o pavimento será de celosía de formigón que permite o crecemento do céspede. Así mesmo, terá franxas vexetais que actúen como elementos de transición entre os diferentes espazos e nova rede de iluminación pública en báculos. Ademais, serán melloradas as conexións viarias enlazando as dúas estradas que conflúen no Igrexario de Lestón e o comunican coa AC-552 á altura das Rañeiras e de Fofelle.
Aínda que o proxecto en Lestón está en fase de redacción, o Concello solicita agora o inicio da Avaliación Ambiental Estratéxica. O obxetibo é avanzar na complexa tramitación administrativa e urbanística que implica unha intervención destas características.