sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

O Concello da Laracha destina 140 mil euros a servizo de desbroce

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 14, 2022
in Parroquias
0
Novos desbroces en parroquias da Laracha

Traballo de desbroce na zona de Torás (imaxe de arquivo)

0
COMPARTIDA
60
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O servizo inclúe 300 km de estradas, 83 km de camiños forestais e 32 hectáreas de terreos

O Concello vén de completar o procedemento de contratación do servizo de roza e desbroce de cunetas de estradas e parcelas de titularidade municipal. Na última sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local acordouse adxudicar os cinco lotes nos que foi dividido o contrato a outras tantas empresas. A desición ten por obxectivo axilizar a execución dos traballos.

O propósito desta campaña anual de desbroce é:

  • eliminar a vexetación herbácea nas marxes das estradas para frear o seu crecemento
  • mellorar a visibilidade dos condutores e viandantes
  • reforzar a seguridade viaria
  • previr riscos de incendio e manter o ornato público na rede viaria

En total o Concello destinará 140.000 euros procedentes integramente de fondos municipais para realizar esas actuacións. Actuarase en máis de 300 quilómetros de estradas municipais, 83 de pistas forestais e preto de 32 hectáreas de parcelas e terreos municipais non incluídos noutra licitación. En determinadas vías será preciso realizar dúas, tres ou ata catro intervencións para mantelas en boas condicións ao longo dos próximos meses.

 En concreto, os lotes nos que está dividido o contrato son os seguintes:

  • Lote 1. Estradas municipais das parroquias de Cabovilaño, Caión, Lemaio, Lendo, Torás e Vilaño: 37.645,76 euros.
  • Lote 2. Estradas municipais das parroquias de Coiro, Erboedo e Soandres: 29.731,84 euros.
  • Lote 3. Estradas municipais das parroquias de Lestón, Golmar, Montemaior e Soutullo: 30.664,32 euros.
  • Lote 4. Camiños forestais de todo o termo municipal: 27.313,74 euros.
  • Lote 5. Parcelas e terreos de titularidade municipal: 14.524,02 euros.

Programa de voluntariado xuvenil

Na Xunta de Goberno tamén se acordou presentar á Consellería de Política Social o proxecto dun novo programa de voluntariado xuvenil ao abeiro da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de iniciativas desas características (DOG núm. 101 do 27 de maio de 2022). O propósito esencial é fortalecer a aprendizaxe dos voluntarios e reforzar os seus valores solidarios.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, o Concello pretende ofrecer á mocidade participar como persoal de apoio aos técnicos especializados nas diferentes actividades municipais de tipo cultural, social, educativo, deportivo, xuvenil, medioambiental e de promoción do benestar das persoas maiores e da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres que se levarán a cabo nos próximos meses. Os voluntarios recibirían dos profesionais municipais a orientación, formación e apoio necesarios e, ao rematar a participación, entregaríaselles un certificado oficial pola súa colaboración e recoñecendo o seu valor social.

Tags: empresasNoticias de Laracharural
⬅ Noticia Anterior

O Concello mostra o seu apoio al Grupo Celsa

Siguiente Noticia ➡️

Mañá abre a inscrición das actividades municipais de verán

Siguiente Noticia ➡️
programa verán deporte e ocio na Laracha

Mañá abre a inscrición das actividades municipais de verán

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil