sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Adxudicados os contratos do servizo de desbroce

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 29, 2021
in Parroquias
0
servizo desbroce A Laracha

O servizo desbroce na Laracha foi dividido en cinco lotes

0
COMPARTIDA
120
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O servizo actuará en estradas, camiños forestais e terreos municipais

O Concello da Laracha vén de completar o procedemento de contratación do servizo de roza e desbroce de cunetas de estradas e parcelas de titularidade municipal. Co propósito de axilizar a execución dos traballos, dito contrato foi dividido en cinco lotes que comezarán as intervencións a principios de xullo.

Esta campaña ten por obxectivo eliminar a vexetación herbácea nas marxes das estradas para frear o seu crecemento e para mellorar a visibilidade. Tamén, para reforzar a seguridade viaria e previr riscos de incendio.

En total o Concello destinará 140.000 euros procedentes de fondos municipais para realizar eses traballos. O fará en máis de 300 quilómetros de estradas municipais e máis de 100 quilómetros de pistas forestais. Así mesmo actuará en preto de 200 mil metros cadrados de parcelas e terreos municipais. Este ultimos non están incluídos no contrato do servizo de limpeza e mantemento de zonas verdes. Tal e como se estipula nas cláusulas que rexeron o procedemento de contratación, en determinadas vías será preciso realizar dúas cortas durante a campaña de desbroce.

 Lotes nos que está dividido o contrato

  • Lote 1. Estradas municipais das parroquias de Cabovilaño, Caión, Lemaio, Lendo, Torás e Vilaño: 37.645,76 euros.
  • Lote 2. Estradas municipais das parroquias de Coiro, Erboedo e Soandres: 29.731,84 euros.
  • Lote 3. Estradas municipais das parroquias de Lestón, Golmar, Montemaior e Soutullo: 30.664,32 euros.
  • Lote 4. Camiños forestais de todo o termo municipal: 27.313,74 euros.
  • Lote 5. Parcelas e terreos de titularidade municipal: 14.524,02 euros.

Multas por incumprimento

A Lei do Solo de Galicia establece o deber legal dos propietarios dos terreos situados en zonas urbanas de mantelos ao longo de todo o ano en bo estado de conservación. Ademais, a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e a Lei de Montes de Galicia fixan as distancias mínimas a ter en conta nas plantacións forestais.

En cumprimento destas normativas, o Concello desenvolve cada ano unha campaña informativa sobre estas cuestións. Con especial incidencia na primavera e no verán por tratarse das épocas de maior crecemento da biomasa. Nos meses restantes se levan a cabo actuacións dirixidas a cumprir as condicións de seguridade, hixiene, salubridade e ornato público dos terreos privados.

O Concello agradece á veciñanza a súa implicación e sensibilización con estas obrigas. Por norma xeral ditos labores se acometen en tempo e sen necesidade de requirimentos previos. Sen embargo, a aqueles propietarios que incumpriron a normativa, foron requiridos para facelo e non acometeron as actuacións oportunas, o Concello comezará a impoñerlles multas coercitivas de entre 1.000 e 10.000 euros.

Limpeza subsidiaria Paiosaco

O Concello acometerá de maneira subsidiaria a limpeza dunha parcela privada situada no núcleo urbano de Paiosaco. Dita finca foi obxecto de tres informes da Policía Local, notificándose primeiro ao propietario a obriga de xestionar a biomasa ante a abundante maleza que presentaba. A continuación, a imposición dunha multa coercitiva de 3.000 euros como medio de execución forzosa. Por último, en vista de que persistiu o incumprimento, déuselle conta da execución subsidiaria deses traballos polo Concello, cuxo custo deberá asumir o titular da parcela.

Tags: Concello de Larachalaracha noticiasobras
⬅ Noticia Anterior

Novas vitorias para o equipo do Campo da Feira - Paiosaco

Siguiente Noticia ➡️

As mellores propostas do verán en A Laracha

Siguiente Noticia ➡️
lembrar actividades do concello da Laracha no verán

As mellores propostas do verán en A Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil