jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Nova senda entre Proame e O Cancelo na Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 23, 2022
in Parroquias
0
nova senda no concello da Laracha

Proxecto nova senda en A Laracha

0
COMPARTIDA
95
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A senda completará un itinerario de máis de 7 quilómetros na AC-552

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentou esta senda na Laracha. A actuación ten como obxectivo reforzar a seguridade e favorecer a mobilidade a pé dos veciños

Vázquez concretou que as empresas interesadas na execución deste novo itinerario teñen de prazo ata o 18 de xullo para presentar ofertas. A partir de aí realizaranse os trámites administrativos necesarios co obxectivo de iniciar as obras no outono para telas rematadas no verán de 2023. Contan cun prazo de execución de 10 meses. Esta actuación será financia no marco do programa do Fondo Europeo REACT-EU.

Detalles das obras

Segundo explicou a conselleira, habilitarase un itinerario de uso mixto, peonil e ciclista, pola marxe esquerda e en paralelo á estrada autonómica AC-552. En tres treitos concretos, onde hai vivendas nas marxes, a senda terá un ancho menor pero garantirase, en todo caso, un ancho de 1,80 metros.

O itinerario executarase en formigón coloreado, cor terriza, para unha maior integración na contorna. Disporase, ademais, unha franxa verde de separación que oscilará entre os 1 e os 2 metros, en función do ancho dispoñible, e elevada sobre a beiravía.

Detallou tamén que nas zonas de vivenda ou de negocios habilitaranse aparcadoiros en liña e tamén se mellorará a accesibilidade das paradas de autobús, dispoñendo máis espazo para os peóns e pavimento táctil diferenciado nas zonas de cruce e nas propias paradas. Ademais, coincidindo co cruce sobre o rego de Quenxe, executarase unha pasarela de preto de 16 metros de longo, con varanda metálica nun treito, para continuar o itinerario.

A intervención completarase con muros de cachotería para soster a senda en tres treitos; a disposición de rega para o mantemento da franxa axardinada; e a colocación de prismas de servizos, para a preinstalación de iluminación e telecomunicacións.

Outros itinerarios

Ethel Vázquez incidiu en que a senda entre Proame e O Cancelo dará continuidade aos itinerarios xa rematados en anos anteriores: entre O Cancelo e A Laracha, de 2 km, e entre A Laracha e Paiosaco, cun investimento total da Xunta de 3 M€. Referiu tamén que, no mes de decembro quedou rematada unha pequena senda peonil no Cancelo, pola marxe dereita da AC-552 na zona de acceso á autoestrada AG-55 e ao parque empresarial.

Para finalizar, enmarcou estas actuacións na aposta que vén realizando a Xunta polo fomento dunha mobilidade máis saudable e sostible e para favorecer desprazamentos a pé máis cómodos e seguros; unha aposta que se ten traducido xa na execución de 200 quilómetros de sendas e nun investimento de 50 millóns de euros.

Percorrido de autoridades por parte do espazo da nova senda
Tags: empleoobrasXunta de Galicia
⬅ Noticia Anterior

O alcalde recibiu ao Laracha C.F campión da 84 edición da Copa da Coruña

Siguiente Noticia ➡️

Mañá cen patinadores intentan superar o seu nivel en A Laracha

Siguiente Noticia ➡️
patina Conxuro A Laracha

Mañá cen patinadores intentan superar o seu nivel en A Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil