jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Rehabilitarase a casa reitoral de Montemaior

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
noviembre 8, 2022
in Parroquias
0
restauran reitoral de Montemaior

En pleno extraordinario aprobouse por unanimidade rehabilitar a reitoral de Montemaior

0
COMPARTIDA
77
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello da Laracha pretende transformar a edificación de Montemaior nun espazo multiusos de referencia que funcionaría como albergue xuvenil, centro social e arquivo parroquial

Na última sesión extraordinario do Pleno acordouse, por unanimidade dos tres grupos, aprobar a solicitude de acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación da casa reitoral de Montemaior. Deste xeito o Concello solicitará, con cargo a ese programa impulsado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, un préstamo sen xuros a devolver nun período de oito anos.

O propósito da intervención valorada en 712.808,10 euros é restaurar, recuperar e ofrecerlle novos usos de interese xeral comunitario á histórica edificación situada no Igrexario de Montemaior. A edificación está incluída no catálogo de patrimonio municipal. O proxecto transformaría a casa reitoral para convertela nunha instalación multifuncional. José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, explicou en primeiro lugar que o Concello alcanzou un “acordo co Arcebispado para a cesión da reitoral polo período de tempo máximo posible”.

Catro usos diferenciados

Afondando no proxecto de restauración, o rexedor detallou que a instalación terá catro usos diferenciados:

  • crearase un “centro de referencia municipal para a organización de actividades relacionadas co medio rural e o medio ambiente”, principalmente agrícolas e gandeiras.
  • conformará un novo espazo para a veciñanza de Montemaior no que realizar actividades de tipo social e cultural.
  • Será de albergue xuvenil con vinte e cinco prazas, permitindo reforzar a participación do Concello en programas de intercambio e voluntariado nacionais e internacionais.
  • Os locais anexos ao edificio principal serán acondicionados para habilitar o arquivo parroquial e aseos públicos.

Para López Varela a reitoral de Montemaior “é unha das mellores edificacións do municipio”, aínda que no momento actual se atope “en estado de deterioro e sen uso”. O proxecto impulsado polo Concello permitirá restaurala e transformala nunha instalación moderna e funcional.

Restauración en Torás

A unanimidade repetiuse na aprobación da declaración de especial interese ou utilidade municipal á obra de rehabilitación, por iniciativa privada, dunha edificación no lugar de As Torres de Cillobre (parroquia de Torás). De acordo ao establecido na ordenanza fiscal número 17, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO), o promotor beneficiarase dunha bonificación do 50 % nese tributo municipal ao tratarse dunha obra de reparación ou conservación de inmobles declarados de interese cultural ou incluídos no catálogo municipal como de protección urbanística. En cifras concretas, o aforro por ese concepto alcanza os 2.607 euros.

Tags: obrasruralsociedad
⬅ Noticia Anterior

Aberta a inscrición para tres novas andainas

Siguiente Noticia ➡️

Preto de 1.300 persoas inscritas nas actividades municipais de inverno na Laracha

Siguiente Noticia ➡️
actividades sociodeportivas en laracha

Preto de 1.300 persoas inscritas nas actividades municipais de inverno na Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil