lunes, abril 19, 2021
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Tres recoñocementos ambientais para o Concello da Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 10, 2020
in Parroquias
0
Praia Caión A Laracha

Novo recoñocemento: A praia de Caión, bandeira azul 2020

130
COMPARTIDA
138
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Os recoñocementos da FEE e ADEAC son a bandeira azul a praia de Caión, o sendeiro azul para Sendeiro de Saldoiro e o centro azul para o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga

Recoñocementos ao Concello da Laracha. A Fundación de Educación Ambiental (FEE) e a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) veñen de facer pública a relación de iniciativas ambientais galardoadas neste ano 2020. O Concello da Laracha repite o triplo galardón dos últimos anos ao obter tres recoñecementos. Trátase da bandeira azul para a praia de Caión, o sendeiro azul para o Sendeiro de Saldoiro e o centro azul para o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte situado na antiga reitoral de Golmar.

Polo tanto, neste verán unha vez máis ondeará na praia de Caión a bandeira azul, o distintivo internacional de maior prestixio que pon de manifesto a calidade tanto do areal como das súas augas, a ampla cobertura de servizos para os usuarios da praia e o desenvolvemento de iniciativas encamiñadas ao respecto medioambiental e á conservación dos ecosistemas da zona. 

Así mesmo, o tramo do paseo marítimo de 1,5 quilómetros de distancia entre a praza Eduardo Vila Fano e o arroio Figueirido, denominado Sendeiro de Saldoiro en alusión ao nome da zona pola que discorre na súa maior parte, volve contar co distintivo de sendeiro azul, sendo un dos sete concedidos no ámbito provincial.

Educación ambiental

E por terceiro ano consecutivo tamén a zona interior do municipio obtén un recoñecemento de ADEAC –centro azul- ao labor de educación ambiental que se leva a cabo no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar. Deste xeito prémiase o contido das actividades e iniciativas que se desenvolven nesa instalación municipal, o que indirectamente supón tamén valorar a riqueza etnográfica municipal e o atractivo turístico e medioambiental dos entornos fluviais, en especial os dos ríos Acheiro, Bradoso e Anllóns. O centro azul de Golmar é un dos cinco outorgados en toda a provincia da Coruña e o único da comarca de Bergantiños.

Neste verán que se presenta tan atípico debido á alerta sanitaria, o Concello da Laracha adaptará ás novas circunstancias o programa de actividades medioambientais que realiza cada verán e actuará para cumprir na praia de Caión, no Sendeiro de Saldoiro e no centro azul de Golmar todas as medidas dirixidas a garantir a seguridade dos usuarios que establezan tanto as autoridades sanitarias como ADEAC.

Tags: CaiónNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Consejos para proteger el sistema visual después del confinamiento

Siguiente Noticia ➡️

Acordos pola nova normalidade: a piscina municipal reabrirase o 1 de xullo

Siguiente Noticia ➡️
Piscina municipal Laracha nova normalidade

Acordos pola nova normalidade: a piscina municipal reabrirase o 1 de xullo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.