jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Adxudicados novos proxectos para mellorar a rede viaria

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
abril 25, 2022
in Parroquias
0
pleno con aprobación de obras en el municipio de A Laracha

Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
148
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Os proxectos afectan a 19 núcleos de poboación situados en 8 parroquias e investiranse 366.000 euros

Na última sesión da Xunta de Goberno Local foron adxudicados tres proxectos de mellora de rede viaria. Suman un investimento superior aos 366.000 euros. Inclúen renovacións da capa de rodadura dos vehículos, sinalización e recollida de pluviais en estradas localizadas en 19 núcleos de poboación de 8 parroquias.

O de maior orzamento (170.000 euros) afecta nove quilómetros de rede viaria da parroquia de Soandres. Contempla a mellora do pavimento nos lugares de O Priorato, A Abeleira, Boimir, A Insuaboa e Currelos de Abaixo. E, ademáis, en Condesuso, Condes, As Táboas e A Ponte da Veiga.

Outro dos proxectos localízase nas parroquias de Cabovilaño, Caión, Coiro, Lendo e Vilaño e alcanza un presuposto de 72.000 euros. Inclúe actuacións de renovación da superficie de rodadura e reforzamento da seguridade viaria. As actuacións se farán en Cardois (Cabovilaño), Goxán (Caión), A Painceira (Coiro), O Campo da Porta (Lendo) e Vilanova (Vilaño).

Por último, o que afecta ás parroquias de Lemaio e Torás suporá un investimento duns 124.000 euros. En Lemaio levarase a cabo unha ampla intervención consistente na mellora da capa de rodadura de dúas vías que comunican e discorren polos núcleos de A Estrada, Tuixe de Arriba, Tuixe de Abaixo e A Barreira. Presentan unha lonxitude total duns cinco quilómetros lineais.

Tamén inclúe a ampliación da rede de abastecemento de auga. En Torás a intervención prevista corresponde á estrada no núcleo de O Campo. Consiste no acondicionamento dos sobreanchos resultantes da construción de novos peches de parcelas particulares para o seu aproveitamento como espazos de aparcamento. Tamén será ampliada e mellorada a rede de recollida de augas pluviais.

Sete traballadores para Caión

A Xunta de Goberno Local tamén acordou concorrer á convocatoria de axudas da Deputación da Coruña dirixidas á contratación de persoal para a limpeza de praias marítimas. Ao abeiro de dito programa, o Concello presenta unha proposta para cofinanciar a incorporación de sete traballadores que prestarían servizo no areal de Caión durante os tres meses do verán.

Tags: Noticias de Larachaobrasrural
⬅ Noticia Anterior

8º Festival de Humor en maio na Casa da Cultura da Laracha

Siguiente Noticia ➡️

Decimo segunda xornada da Liga Atlántica de Billarda en Narón

Siguiente Noticia ➡️
billarda Naron gañadores

Decimo segunda xornada da Liga Atlántica de Billarda en Narón

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil