A moción sobre o Proxecto Anllóns será debatida no próximo pleno municipal
O Proxecto Anllóns, impulsado pola Deputación Provincial da Coruña, ofrece aos concellos da comarca de Bergantiños unha boa oportunidade para consolidarse como un destino turístico atractivo e sustentable. A Laracha participa no ente de cooperación municipal xunto a Carballo, Coristanco, Cabana e Ponteceso. Nos próximos meses será preciso ir definindo as actuacións concretas que serán incluídas nesta iniciativa.
O Grupo Municipal Socialista considera que se trata dun proxecto estratéxico para o futuro da Laracha. Por este motivo reclama un proceso aberto á participación de todos os colectivos representativos do concello para a elaboración das propostas. A portavoz municipal socialista, Palomi Rodríguez, defende a necesasidade de crear una mesa «na que estean representados no só todos los grupos políticos da corporación, senón as asociaciones vecinais e as entidades implicadas na actividade económica, social, deportiva e cultural das trece parroquias da Laracha».
Fondos Next Generation
No Proxecto Anllóns terán cabida distintas actividades encamiñadas á posta en valor do patrimonio natural e histórico dos cinco concellos participantes. “Temos un potencial enorme para atraer un turismo de calidade e respectuoso co medio ambiente”, indica a portavoz. Además,insiste na necesidade de “deseñar propostas atractivas e con perspectiva de futuro que nos permitan optar aos Fondos Next Generation”. O diñeiro procedente doplan de recuperación da Unión Europea “supón unha oportunidade que non podemos deixar escapar”, en opinión de Palomi Rodríguez Castiñeira, “e precisamente poriso é importante que decidamos entre todas e todos onde queremos investilo”.