jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Adxudicado o proxecto de promoción turística do litoral de Caión

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
julio 28, 2022
in Parroquias
0
Caión, Concello da Laracha senderismo

Sendeiro con bandeira azul en Caión

0
COMPARTIDA
41
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A Laracha activa e o mar de Caión inclúe actuacións de sinalización de roteiros, actividades medioambientais e a creación dunha pictoaplicación

O Concello da Laracha adxudicou o proxecto de promoción turística A Laracha activa e o mar de Caión que promove co apoio do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte. A iniciativa enmárcase na Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), entidade colaboradora da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

O proxecto ten por obxectivo principal reforzar os valores ambientais e patrimoniais no litoral caionés. Para iso propóñense iniciativas dirixidas a mellorar a oferta turística e educativa vinculando e compatibilizando a práctica da actividade física co descubrimento dos espazos marítimos e costeiros. A proposta centrase nos valores medioambientais, paisaxísticos e históricos.

Cinco actuacións

A Laracha activa e o mar de Caión estrutúrase en cinco actuacións diferenciadas. Dúas consisten na sinalización de roteiros para realizar a pé. Un será o sendeiro A Lararacha-Caión que une a capital municipal coa vila costeira nun percorrido de doce quilómetros. Alí se colocarán sinais direccionais e paneis interpretativos con información sobre os principais puntos de interese patrimonial e medioambiental. O outro lugar de intervención é o Sendeiro de Saldoiro, o tramo do paseo marítimo de Caión que parte da Praza Eduardo Vila Fano e remata preto do límite co veciño municipio de Carballo. Este espazo conta co distintivo de Sendeiro Azul e forma parte da Rede Natura.

A terceira actuación consiste na posta en marcha dun programa medioambiental que proporá actividades a realizar con diferentes institucións, especialmente educativas. As mesmas va dirixidas a visibilizar a costa e o mar como recursos doutras cadeas de valor relacionadas coa economía (turismo, biotecnoloxía, etc). Exemplos disto serían programas de andainas, difusión dos oficios da pesca artesanal e xornadas de educación ambiental nos colexios.

A cuarta liña contempla a creación dunha pictoaplicación dirixida a persoas que presenten trastornos de comunicación na linguaxe oral. Así se facilitará a comprensión do territorio costeiro e do mar da Costa da Morte.

Por último, inclúese a asistencia técnica por parte de persoal especializado no sector turístico. Prestará asesoramento e coordinación e levará a cabo un seguimento de todas as actuacións que se desenvolvan no marco deste proxecto.

O proxecto A Laracha activa e o mar de Caión presenta un orzamento total duns 71.500 euros. Serán investidos coa fin esencial de potenciar e xerar sinerxías entre o turismo mariñeiro e turismo de natureza, cultural-patrimonial e deportivo.

Tags: CaiónNoticias de Laracharural
⬅ Noticia Anterior

Desde hoxe a unidade de ADOS estará en Laracha, Paiosaco e Caión

Siguiente Noticia ➡️

Aprobados por unanimidade todos os puntos da orde do día do pleno da Laracha

Siguiente Noticia ➡️
pleno ordinario julio 2022 Laracha

Aprobados por unanimidade todos os puntos da orde do día do pleno da Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil