jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Organizan novo programa integrado de emprego

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
noviembre 26, 2021
in Parroquias
0
novo programa de emprego integrado na Laracha

O programa foi presentado polo alcalde e o delegado da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor xunto a concelleira Rocío López

0
COMPARTIDA
79
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O programa contará con cen participantes e presenta un obxectivo mínimo de inserción laboral do trinta e seis por cento

O alcalde, José Manuel López Varela, e o delegado da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, anunciaron que A Laracha desenvolverá un novo programa integrado de emprego (PIE) grazas á colaboración entre o Concello e a Consellería  de Emprego e Igualdade.

Este será o terceiro programa destas características que se vai realizar no Concello da Laracha despois dos “bos resultados no aspecto formativo e de inserción obtidos nos anos anteriores”, segundo destacou o alcalde. López Varela tamén salientou que o tipo de formación ofertada, centrada en sectores tan diversos como o comercio, a loxística e a atención sociosanitaria a persoas dependentes, son especialidades con demanda actual de traballadores cualificados. O número de participantes será de cen persoas, cun obxectivo de inserción laboral dun mínimo do trinta e seis por cento.

O delegado da Xunta apuntou que “unha das apostas máis importantes da Consellería de Emprego e Igualdade son os programas formativos que, cada vez máis, están orientados a cubrir as demandas reais das empresas das contornas o que permite unha posterior integración laboral máis alta”. Ademais, engadiu que “outra das apostas importantes é complementar a formación con prácticas en empresas para garantir unha inserción real e duradeira no tempo”.

Duración de doce meses

O novo programa integrado de emprego da Laracha contará con dous orientadores laborais e un auxiliar administrativo. Terá unha duración de doce meses e vai dirixido a persoas que se atopan en situación de desemprego, dando preferencia a determinados colectivos con maiores dificultades de atopar un posto de traballo (mulleres, persoas menores de trinta anos ou maiores de corenta e cinco e desempregados de longa duración). En calquera caso, para poder participar no procedemento de selección é imprescindible estar dado de alta na oficina de emprego de referencia como demandante de emprego, xa que será o Servizo Público de Emprego quen emitirá a listaxe de candidatos entre as persoas que cumpran as condicións requiridas.

O PIE susténtase sobre as bases da información, orientación, asesoramento, formación (específica e transversal), práctica laboral, percepción empresarial, habilidades sociolaborais, fomento da capacidade de emprendemento e intermediación laboral. Por tanto, non soamente procura ofrecer aos participantes os coñecementos e a experiencia precisos para acceder a un posto de traballo, senón que tamén promove o autoemprego.

Sete accións formativas

Os cen participantes, co asesoramento dos orientadores, poderán decidir realizar algunha desas sete accións formativas do catálogo de especialidades do Servizo Público Estatal :

  • Iniciación á creación de páxinas web.
  • Desenvolvemento web para comercio electrónico.
  • Coordinación e apoio á dirección de recursos e servizos dirixidos ás persoas maiores.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes con alzhéimer ou outras demencias en institucións sociais.
  • Organización de almacén.
  • Xestión loxística.
  • Mellora da xestión do stock e beneficios en comercio.

En definitiva, co PIE preténdese aproveitar as oportunidades que se presentan no termo municipal da Laracha e o seu entorno –en especial grazas ao desenvolvemento industrial que se está a rexistrar no noso municipio- en sectores con crecente demanda de perfís profesionais. Orientaranse cara eses ámbitos as accións formativas, acompañarase nos itinerarios curriculares individualizados ás persoas participantes e ofreceráselle a oportunidade de realizar prácticas en empresas colaboradoras do termo municipal para aumentar as súas capacidades e, por tanto, as súas posibilidades de inserción no mercado laboral. O orzamento do PIE ascende a 250.000 euros e será organizado e financiado coa colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Participantes na presentación do novo porgrama
Tags: Concello de Larachaempleolaracha noticias
⬅ Noticia Anterior

El polígono de A Laracha tendrá un establecimiento de restauración

Siguiente Noticia ➡️

Melloran o pavillón municipal da Laracha

Siguiente Noticia ➡️
obras no pavillón municipal da Laracha

Melloran o pavillón municipal da Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil