O concurso «Día das mulleres rurais» entregó un total de 950 euros en premios
O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Igualdade, Rocío López, entregaron os diplomas acreditativos e os premios aos gañadores e gañadoras do concurso fotográfico “Día das Mulleres Rurais”. Repartíronse 950 euros en cinco premios, que foron decididos polas persoas usuarias de Facebook cos seus “gústame” na páxina do Concello. En total houbo 1.324 reaccións positivas nas imaxes e os galardóns foron para:
Categoría “Mulleres rurais do pasado”
- 1º Premio: “A familia Mareque está segando no trigo coa gañada en agosto de 1980” de María Sánchez Tuset (300 €).
- 2º Premio: “Carmiña de Leborís” de Adriana Rodríguez Añón (150 €).
Categoría “Mulleres rurais do presente”
- 1º Premio: “María serrando e fendendo na leña para facer lume” de María Sánchez Tuset (300 €).
- 2º Premio: “Debullando fabas” de Emmanuel Vázquez Quintás (150 €).
- 3º Premio: “Lola en Golmar dedícase a plantar leitugas” de Dolores Pérez Vázquez (50 €).
Na organización deste certame colaborou o Ministerio de Igualdad no marco do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.