O Goberno galego informa que vai a incrementar as prazas públicas de atención ao dano cerebral neste 2020. A conselleira de Política Social, Fabiola García sinala que o Executivo manterá o seu compromiso coa atención ás persoas con esta patoloxía.
Neste sentido, lembrou que durante o pasado ano incrementáronse as prazas financiadas pola Xunta de Galicia nos centros de Sarela, en Santiago, e de Alento, en Vigo, ata chegar ás 125 en toda Galicia. Así nos últimos dez anos, as prazas públicas multiplicáronse por cinco.
Programas para a atención ao dano cerebral
A Xunta de Galicia inviste máis de 150.000 euros con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) a financiar programas da Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), que aglutina asociacións como Adaceco. En concreto, o Goberno galego destina máis de 60.600 euros ao seu programa de atención terapéutica, preto de 60.000 euros ao programa de inclusión social e outros 30.000 euros ao programa de respiro familiar.
Qué é o dano cerebral adquirido?
O DCA é unha lesión das estruturas cerebrales por causas diferentes:
- un accidente cerebro vascular por trombosis, embolia, hemorraxia…
- un traumatismo cranoencefálico
- un tumor
- falta de oxígeno no cerebro
- outras causas