jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Paiosaco xa conta cun parque biosaudable

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 10, 2020
in Parroquias
0
parque biosaludable Paiosaco nuevo espacio

Novo parque biosaudable en Porta Santa, Paiosaco

0
COMPARTIDA
236
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O parque está na zona da Porta Santa, preto do centro sociocultural

O Concello da Laracha vén de crear e abrir ao público un parque biosaudable na zona da Porta Santa. Unha parcela de titularidade municipal moi próxima ao centro sociocultural da vila. O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello, comprobaron in situ o resultado da actuación realizada nos últimos días.

Deste xeito o Concello aposta por continuar ofrecendo aos veciños novas posibilidades de ocio que, ao mesmo tempo, fomentan a realización de actividades físicas beneficiosas para a saúde dos usuarios. Este é o quinto circuíto biosaudable dispoñible no termo municipal. Os outros catro sitúanse na área recreativa de Gabenlle, no parque Maximino Canedo (A Laracha), no paseo marítimo de Caión e na urbanización Monte Claro (Cabovilaño).

Os obxectivos fundamentais da presenza dos parques biosaudables son influír positivamente sobre as persoas maiores para conseguir cambios efectivos nos seus hábitos de vida. E así evitar o deterioro psicomotor coa práctica de actividade física e, entre outros, ampliar a oferta de instalacións deportivas que existe.

Actuación no río Acheiro

A Laracha continúa mostrando o seu firme compromiso coa posta en valor dos medios fluviais e espazos naturais co labores de eliminación da maleza. Nesta ocasión, as brigadas medioambientais municipais están a centrar a súa actuación no río Acheiro cunha ampla intervención en seis quilómetros. Desde a ponte de A Beria (parroquia de Golmar) ata a desembocadura no río Anllóns á altura do lugar de Samiro (parroquia de Vilaño).

O patrimonio natural que conforman os ríos laracheses son lugares de especial beleza paisaxística e biodiversidade animal e vexetal. Por iso, desde o Concello da Laracha animan aos veciños a descubrir os medios que ofrece os ríos Acheiro, Anllóns, Bradoso e Vilán. Grazas ás actuacións xa desenvolvidas, son de cómodo acceso a pé e permiten a realización de rutas de sendeirismo.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro José Ramón Martínez Barbeito reuníronse cunha das cuadrillas nas inmediacións da ponte de A Fraga para interesarse polo resultado das actuacións.

Eliminación da maleza no río Acheiro
Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

Una trayectoria profesional de 27 años avalada por la dedicación y la formación continua

Siguiente Noticia ➡️

Tramitación de sancións relacionadas coa Covid

Siguiente Noticia ➡️
restricións Concello da Laracha

Tramitación de sancións relacionadas coa Covid

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil