A actuación na Curuxeira tamén inclúe unha intervención na cuneta para mellorar a recollida de pluviais
O Concello da Laracha financia con fondos municipais a intervención que se está a executar no lugar de A Curuxeira, parroquia de Soandres. Os traballos ten unha dobre finalidade. Por unha parte, estase a realizar a canalización do servizo de abastecemento de auga para dotar coa traída á totalidade deste núcleo de poboación. Por outra banda, se contempla o acondicionamento da cuneta para mellorar a recollida de pluviais. Dita intervención cobra especial importancia neste punto da rede viaria, xa que presenta unha importante pendente e conecta directamente coa estada DP-1913.
Este proxecto alcanza un orzamento próximo aos 20.000 euros. O concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, realizou unha supervisión das obras. O obxetivo é coñecer de primeira man o resultado dos traballos que continuarán durante os próximos días.
A ampliación de servizos á poboación como a traída da auga e o mantemento en bo estado da rede viaria municipal supoñen o incremento da calidade de vida dos veciños residentes en zonas rurais.