jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Obras de mellora no municipio

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 1, 2020
in Parroquias
0
obras municipio de Laracha

Obras de mellora en Erboedo

0
COMPARTIDA
133
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello está a desenvolver obras e proxectos en distintos puntos do municipio

O Concello da Laracha realiza obras para mellorar o municipio. A intervención máis ampla realizouse en Erboedo, na ampla explanada de titularidade municipal situada nas inmediacións do Igrexario e xunto ao centro sociocultural desa parroquia. O ámbito –que tamén é empregado como campo da festa- é o lugar onde estacionan os vehículos especialmente durante as xornadas nas que se ofician actos relixiosos na igrexa parroquial de Santa María de Erboedo. O marcado das 75 prazas de aparcamento –tres delas reservadas para persoas con mobilidade reducida- permite reorganizar o espazo para ofrecer aos usuarios un mellor e máis óptimo aproveitamento do espazo dispoñible, facilitándose deste xeito a entrada e saída dos vehículos.

Os outros traballos de pintura centráronse no remarcado de pasos para peóns, sinalización horizontal, zonas excluídas ao tráfico, prazas de aparcamento e zona amarela en diversas localizacións do municipio. No núcleo urbano da Laracha actuouse na Avenida Manuel Fraga e nas rúas Eusebio Bértoa, Arxentina, Suíza, Santa Lucía, Río Bradoso e José Loureiro. En Paiosaco a intervención centrouse na Avenida Bergantiños. E en Cabovilaño traballouse na urbanización Monte Claro.

Ademais, no interior do CEIPs Otero Pedrayo e Alfredo Brañas realizouse o pintado dos itinerarios peonís establecidos como medida de prevención ante o coronavirus, incluíndo marcas viarias, símbolos e pictogramas.

Máis intervencións

O Concello da Laracha realizó unha intervención na rúa Ramón Cabanillas (antiga 3ª travesía López Astray) do casco urbano da Laracha. Incluíu a renovación do firme nos seus 134 metros de lonxitude ao longo dos que presenta unha anchura media de 5,5 metros. Por tanto, o ámbito da actuación, consistente na aplicación dunha capa de aglomerado asfáltico en quente, alcanzou os 737 metros cadrados. O proxecto tamén contemplou a mellora da rede de recollida de augas pluviais.

Proxecto formalizado

O alcalde, José Manuel López Varela, e o representante da empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. formalizaron o contrato de execución do proxecto de urbanización da prolongación da Avenida Manuel Fraga ata a rúa Maruja Mallo, no núcleo da Laracha.

A actuación, que está valorada en preto de 245.000 euros, forma parte do plan especial de equipamentos educativos do IES Agra de Leborís. Inclúe a pavimentación da calzada, construción de beirarrúas, espazo de aparcamento e axardinamento. Tamén a creación das redes de saneamento e abastecemento, canalización soterrada de rede eléctrica, telecomunicacións. Inclú e a iluminación pública e sinalización horizontal e vertical, estando contemplado, entre outras medidas, un paso de peóns elevado.

Con esta intervención crearase unha circunvalación que conectará directamente a estrada A Laracha-A Silva (DP-2404) coa estrada A Laracha-Soandres (DP-1913) pola Avenida Doutor López Astray. A obra tamén permitirá habilitar un novo acceso cara o instituto –pola parte posterior do centro- para os autobuses de transporte escolar.

Intervención na rúa Ramón Cabanillas e a dereita, firma do contrato con Construcciones Ponciano Nieto SL
Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

Pleno ordinario, 27 de novembro na Laracha

Siguiente Noticia ➡️

Mellora de equipamento de emerxencias

Siguiente Noticia ➡️
equipamento emergencias A Laracha

Mellora de equipamento de emerxencias

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil