As obras inclúen a cubrición das grellas, adecuación da entrada sur, novos itinerarios peonís e adaptación do aseo público
A área recreativa de Gabenlle é un dos puntos de referencia turística do Concello da Laracha, por iso as actuais obras teñen o propósito de dar un novo impulso. Situada á beira do río Anllóns, moi preto da vila da Laracha, trátase dun acolledor entorno natural rodeado de bosque autóctono. Dispón de servizos para os visitantes como parques infantís, grellas, bancos, mesas, zonas cubertas, espazos libres e aseos. Todo iso xunto ao inicio do paseo fluvial, unha pasarela de madeira que bordea o río ao longo dunha distancia de dous quilómetros e medio ata O Formigueiro.
Na actualidade, o Concello, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, está a levar a cabo o proxecto de rehabilitación e mellora da accesibilidade. A finalidade é aproveitar ao máximo o potencial turístico deste espazo. Tamén, continuar realizando actuacións para a posta en valor do río Anllóns ao seu paso polo termo municipal.
Intervencións
Dito proxecto inclúe unha serie de intervencións diferenciadas para facer da área recreativa de Gabenlle un lugar aínda más atraínte para os usuarios. Unha delas é a mellora das grellas e a cubrición das mesmas cunhas estruturas similares ás que xa existen actualmente noutros puntos da área de esparexemento.
Ademais, serán mellorados os accesos con dous puntos de actuación previstos. Por unha banda intervirase na parte sur, adecuando o camiño de entrada desde a estrada. Por outro lado, crearase unha pasarela que comunicará os dous ámbitos da área recreativa que están separados polo río. En ambos casos beneficiarase a todos os usuarios, pero especialmente ás persoas con mobilidade reducida ao crearse novos itinerarios peonís.
Estas dúas fases da obra son as que se están a executar actualmente de xeito simultáneo. Así o comprobaron o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Turismo, Patricia Bello, nunha visita ao lugar das actuacións.
A parte do proxecto que xa está finalizada é a reforma integral do interior do aseo público. Foi adaptado para facelos máis accesible e estea perfectamente. O proxecto de mellora da área recreativa de Gabenlle está valorado en máis de 43.000 euros.