jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Rematou a mellora da estrada entre Santa Margarida e A Silva

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
septiembre 19, 2020
in Parroquias
0
mellora estradas A Laracha

O alcalde de A Laracha visitó as obras en Montemaior

0
COMPARTIDA
92
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O proxecto na estrada foi cofinanciado polo Concello e a Xunta de Galicia dentro do Plan marco de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas

Días pasados finalizaron as obras de execución do proxecto de mellora da estrada entre Santa Margarida (Montemaior) e A Silva (límite co Cerceda). A actuación forma parte do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. Este está impulsado pola Consellería do Medio Rural a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) e cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

A intervención consiste na completa renovación do firme desta vía, que comunica as as fincas agrícolas desa zona coa estrada DP-2404 que dirixe á Silva. Tamén dá acceso ao termo municipal de Carballo por Paradela. Presenta unha lonxitude de 1.250 metros e unha anchura media superior aos cinco metros. Dicir, ademáis, que se está a mellor tanto a plataforma de rodadura dos vehículos como a drenaxe da estrada para reforzar a seguridade.

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha e o edil responsable da área de Obras Públicas, Jesús Souto, desprazáronse ao lugar da intervención para coñecer o desenvolvemento dos traballos. O orzamento do proxecto ascende a 65.434,08 euros, dos cales a Xunta de Galicia achega 53.961 euros. O Concello asume a parte restante con fondos propios municipais.

Ampliación dos equipamentos do CEIP Otero Pedrayo

Na última sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local foi aprobado con carácter inicial o expediente de expropiación dos terreos afectados pola primeira fase de ampliación dos equipamentos do CEIP Otero Pedrayo.

O Concello investirá 43.7078,96 euros na adquisición dos 2.696 metros cadrados de superficie –repartidos en catorce parcelas- que están afectados polo proxecto de mellora dos accesos. Continuando cos trámites administrativos, será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e estará un mes en exposición pública antes da definitiva aprobación. Así mesmo, notificarase aos propietarios dos terreos e abrirase o período de alegacións ao xustiprezo.

Unha vez rematado o procedemento de expropiación, o Concello estará en disposición de iniciar a contratación do proxecto. Consiste na ampliación da estrada entre Bos Aires e As Calzadas e dá continuidade á mellora xa realizada entre O Pereiro e As Calzadas. O ancheamento da vía permitirá dispoñer de máis espazo para facilitar a circulación en ambos sentidos –especialmente importante para os autobuses do transporte escolar-. Tamén habilitar prazas de estacionamento e crear unha senda peonil para reforzar a seguridade tamén das persoas que acoden a pé ao centro de ensino e ás súas inmediacións.

O proxecto está valorado en 245.000 euros, que xa están consignados polo Concello da Laracha no orzamento e que proceden integramente de fondos propios municipais. Salientar tamén que na Xunta de Goberno Local deuse a licenza de primeira ocupación para unha nave industrial situada no parque empresarial.

Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

Traballos de mellora no centro sociocultural de Paiosaco

Siguiente Noticia ➡️

Recursos para la infancia: SEGERIN, una herramienta de geolocalización

Siguiente Noticia ➡️
nuevo sistema de geolocalización de SEGERIN infancia galicia

Recursos para la infancia: SEGERIN, una herramienta de geolocalización

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil