Icono del sitio El Diario de A Laracha

Novo obradoiro de apoio a coidadoras de persoas dependentes no medio rural

coidadoras de persoas dependentes no rural da Laracha

Novo obradoiro para mulleres coidadoras no rural

A inscrición é gratuíta para coidadoras e debe formalizarse antes do 20 de setembro no departamento de Servizos Sociais da Laracha

Coidar a persoas en situación de dependencia implica consecuencias sobre o benestar, a saúde e a calidade de vida das coidadoras que desenvolven dita tarefa. Para estas mulleres a responsabilidade supón unha ruptura co seu proxecto de vida persoal.

Para paliar estas consecuencias, o Concello da Laracha e a Fundación Mujeres –coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña- desenvolverán un novo obradoiro presencial. Trátase dun apoio integral a coidadoras de persoas dependentes residentes en zonas rurais. Constará de seis sesións os días luns desde o 26 de setembro. Nesta ocasión o programa realizarase en dúas parroquias:

A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no departamento de Servizos Sociais do Concello acudindo ao edificio administrativo da Laracha. Tamén, chamando ao 981612811. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 20 de setembro.

Reforzar relacións sociais

Deste xeito contribuirase a mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras, e a promover o seu desenvolvemento persoal e social aprendendo a demandar apoio de xeito eficaz e fomentando hábitos de vida máis saudables. Na metodoloxía do obradoiro primarán as actividades grupais dirixidas a reforzar as relacións sociais a través da interacción con mulleres que están na mesma situación.

A formación inclúe autocoidado, xestión emocional, habilidades de comunicación e autoestima. O obxetivo é que as mulleres poidan exercer o coidado dunha maneira máis saudable.

Salir de la versión móvil