Este Nadal rematarase a actuación entre O Raño e O Xestal.
Neste sentido, o Concello iniciou a execución do proyecto de mellora das estradas que comunican O Raño co igrexario de Montemaior e O Xestal. Neste sentido, a primeira fase das intervencións afectou a un tramo do ramal entre O Raño e O Igrexario.
Así proxecto culminarase tralas festas do Nadal nunha segunda fase que incluirá o remate dese mesmo toramo e a actuación entre O Raño e O Xestal.
Ademais, en total, as obras afecan a unha lonxitude lineal de 1,7 quilómetros de vías. Ao longo do seu percorrido lindan directamente ou dan acceso a un importante número de parcelas agrícolas e mesmo a unha instalación agrogandeira.
De xeito, o triplo propósito da intervención é:
- mellorar a superficie de rodadura do firme,
- a drenaxe e a sinalización para facilitar
- o tránsito e aumentar a seguridade viaria
Tamén fontes municipais aclaran que «Esta intervención está incluída no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 impulsado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia«.
Para rematar, o proxecto está valorado en máis de 94.000 euros. Agader financia 78.456 euros e o Concello a parte restante con fondos municipais.