No pleno da corporación o grupo socialista tamén preguntó polo transporte escolar de varios centros educativos do concello
O grupo socialista da Laracha asegura que «o Concello recibiu queixas polo estado de abandono do parque infantil da urbanización Monteclaro, en Cabovilaño. O deterioro das instalacións faise cada vez máis evidente. Actualmente, as randeeiras están precintadas, o caucho do chan atópase visiblemente degradado, a madeira dos xogos empeza a estar comida pola trilla e un cono de obra ocupa o lugar onde orixinalmente había unha fonte».
Así mesmo, levaron ao pleno, unha pregunta sobre as «deficiencias do transporte escolar en varios centros educativos públicos do concello». O alcalde mantivo recentemente unha reunión co Delegado Territorial da Xunta de Galicia. Nela abordáronse melloras no servizo para o IES Agra de Leborís, o CEIP Alfredo Brañas e o CEIP Ramón Otero Pedraio. «Pero non especificaron cales son as medidas concretas que se van adoptar», dí Palomi Rodríguez, portavoz do grupo.