O Concello proxecta a remusealización do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga situado en Golmar.
Así o Concello da Laracha proxecta a remusealización do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga. O centro está situado no Igrexario de Golmar, na antiga casa reitoral da parroquia.
Neste sentido, a antiga casa reitoral alberga desde decembro de 2009 o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte. A iniciativa permitira recuperar unha edificación do século XIX de alta calidade e importancia histórica para Golmar. Tamén poñer a parroquia no mapa cultural e turístico galego por contar cun museo centrado na posta en valor dos muíños de auga. Ademais de destacar a súa riqueza etnográfica e patrimonial.
Durante os últimos anos, o Museo recibiu centos de visitantes. Tamén albergou diversidade de iniciativas culturais e educativas tanto para o público infantil como para o xuvenil e adulto. As actividades estiveron centradas no coidado do medio ambiente e na recuperación da memoria rural do municipio. Esta memoria está moi relacionada co campo, a agricultura e, por tanto, cos muíños de auga.
Por este motivo, esta actividade levou ao Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar a obter cada ano desde 2018 o recoñecemento como Centro Azul de Educación Ambiental que outorga a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC).
Agora o Concello pretende darlle un novo impulso á instalación e modernizala. A idea é por medio dun proxecto de remusealización, valorado en preto de 50.000 euros. Está previsto que se renovarán os seus contidos desde unha tripla perspectiva conceptual, formal e funcional para ofrecer unha experiencia máis completa e enriquecedora aos visitantes.
Dicir que o obxetivo e potenciar o atractivo turístico dos contidos do museo, ademais de poñer valor o patrimonio etnográfico vinculado aos muíños e, por tanto, ás concas fluviais e á actividade agrícola. Ademais suporá un impulso para reactivar a económica dunha parroquia rural como é Golmar e o seu entorno.