Estase actuando na rede dos núcleos de Arén e Trasande e están previstas no cruce da vía entre O Pereiro e Fragunde
O Concello promove unha serie de proxectos dirixidos a mellorar as condicións da rede viaria municipal. Na parroquia de Cabovilaño hai dúas intervencións que se atopan na fase final de execución. No núcleo de Arén creouse unha rede de recollida de augas pluviais para evitar a acumulación de auga na calzada. Tamén foron acondicionados os sobreanchos para contar cunha maior amplitude da plataforma. Desta forma favorécese a circulación e habilitase espazos de aparcamento. Así mesmo, se acondicionaron os sobreanchos co mesmo fin na estrada do lugar de Trasande. Agora, na fase final das obras, estanse pavimentando ambas vías con aglomerado asfáltico en quente.
Por outra banda, nos próximos días renovarase o pavimento no cruce da vía entre os lugares de O Pereiro e Fragunde, na parroquia de Vilaño. O investimento total sitúase en torno aos 35.000 euros a financiar integramente con fondos do Concello da Laracha.