viernes, junio 20, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Proxecto de promoción turística «A Laracha activa e o mar de Caión»

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 18, 2022
in Parroquias
0
mar de Caión ao fondo la imaxe

A mellor imaxe para representar as rutas de A Laracha activa e o mar de Caión

0
COMPARTIDA
114
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello promove «A Laracha activa e o mar de Caión» que contempla actuacións de sinalización de roteiros, actividades medioambientais e creación dunha pictoaplicación

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte vén de comunicar ao Concello a concesión dunha axuda para o financiamento de «A Laracha activa e o mar de Caión» ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). A iniciativa está impulsada pola entidade dependente da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

O proxecto promovido polo Concello ten por obxectivo principal reforzar os valores ambientais e patrimoniais no litoral caionés. Para iso propóñense unha serie de iniciativas dirixidas a mellorar a oferta turística e educativa vinculando e compatibilizando a práctica da actividade física. Pero tamén, ao descubrimento dos espazos marítimos e costeiros centrándose nos valores medioambientais, paisaxísticos e históricos. A iniciativa presenta un orzamento total de 71.500 euros.

Cinco actuacións diferenciadas

Dúas consisten na sinalización de roteiros para realizar a pé. Un será o sendeiro A Laracha-Caión que une a capital municipal coa vila costeira nun percorrido de doce quilómetros. Se colocarán sinais direccionais e paneis interpretativos con información sobre os principais puntos de interese patrimonial e medioambiental. O outro lugar de intervención é o Sendeiro de Saldoiro, o tramo do paseo marítimo de Caión que parte da Praza Eduardo Vila Fano e remata preto do límite co veciño municipio de Carballo. Este espazo conta co distintivo de Sendeiro Azul e forma parte da Rede Natura.

A terceira actuación consiste na posta en marcha dun programa medioambiental que proporá un conxunto de actividades a realizar con diferentes institucións, especialmente educativas. Están dirixidas a visibilizar a costa e o mar como recursos doutras cadeas de valor relacionadas coa economía (turismo, biotecnoloxía, etc). Exemplos disto serían programas de andainas, difusión dos oficios da pesca artesanal e xornadas de educación ambiental nos colexios.

A cuarta liña contempla a creación dunha pictoaplicación dirixida a persoas que presenten trastornos de comunicación na linguaxe oral e que lles facilitará a comprensión do territorio costeiro e do mar da Costa da Morte.

Por último, inclúese a asistencia técnica por parte de persoal especializado no sector turístico que prestará asesoramento e coordinación. Ademáis, levará a cabo un seguimento de todas as actuacións que se desenvolvan no marco deste proxecto.

Tags: CaiónConcello de Laracharural
⬅ Noticia Anterior

Premio ao Mellor Proxecto Empresarial na Laracha

Siguiente Noticia ➡️

Inscricións no servizo de conciliación na Laracha durante o verán

Siguiente Noticia ➡️
servizos programa Harmoniza

Inscricións no servizo de conciliación na Laracha durante o verán

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil