O alcalde do municipio reuniuse coa nova directiva do Laracha Club de Fútbol
O Laracha Club de Fútbol estrea directiva esta temporada. Seus membros reuníronse co alcalde, José Manuel López Varela, e coa concelleira de Deportes, Patricia Bello, no Concello. A cita foi para presentar ás novas incorporacións e explicar o proxecto de futuro da entidade.
Juan José Fuentes é o novo presidente do club. O resto de integrantes da directiva que asistiron son Juan Núñez Gómez (vicepresidente), David Pérez González (tesoureiro), Marta Ríos Varela (secretaria) e Manuela Moledo Cuns (vocais). Na reunión abordaronse diversos temas, entre eles o inicio da nova tempada e a importancia das categorías de base.