As unidades móviles para agrícolas os días 8, 13 e 14, e a de ciclomotores, o día 25
A inspección técnica de vehículos agrícolas e de ciclomotores visitarán A Laracha durante o mes de outubro para ofrecer o seu servizo aos veciños do Concello. As persoas interesadas poderán consultar os horarios dispoñibles e reservar cita previa (ábrese 30 días antes da chegada da estación móbil). Hai dúas vías: en liña na web www.sycitv.com ou telefónica chamando ao 902 309 000.
Os días para vehículos agrícolas é 8, 13 e 14, mentres que a de ciclomotores soamente o día 25. En todos os casos instalarase na praza Olonne sur Mer (explanada fronte á biblioteca municipal da Laracha e o IES Agra de Leborís).
Nova campaña contra os plumachos
Os plumachos, tamén coñecidos como herba da Pampa é unha especie botánica invasora procedente de Sudamérica que se estende con facilidade nas zonas próximas á costa galega. No Concello da Laracha a presenza dos plumachos non é elevada, pero nos últimos anos detectáronse matas en determinados espazos de dominio público. Tamén en terreos particulares que é preciso eliminar para evitar a súa expansión.
As cuadrillas medioambientais municipais, do mesmo xeito que no ano pasado por estas datas, actuarán durante os próximos días na sua retirada. Así mesmo, realizarán esas mesmas actuacións en terreos privados sempre que o autoricen os propietarios. Neste sentido, solicítase a colaboración cidadá para informar ao Concello sobre a localización de plumachos para proceder á súa eliminación.