viernes, junio 20, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Información turística desde hoxe nas instalacións da antiga casa reitoral de Caión

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
agosto 5, 2020
in Parroquias
0
datos turísticos de Caión A Laracha

Visita das obras no centro social de Caión na zona de Insua

0
COMPARTIDA
89
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O servizo de información turística abre de martes a sábado, de mañá e de tarde ata setembro. Ademáis, avanzan as obras do centro social na zona da Insua

A partir de hoxe o Concello da Laracha volve a prestar servizo de información turística na oficina situada na antiga casa reitoral de Caión. Persoal técnico especializado na materia, estará a disposición dos usuarios para informar sobre os principais atractivos turísticos do noso municipio. Tamén doutros puntos da Costa da Morte e de Galicia.

O horario de apertura ao público será de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 15:00 a 19:00 horas pola tarde. A oficina de información turística funcionará en Caión durante os meses de agosto e setembro. Despois da temporada de verán reubicarase na capital municipal.

Insua: centro sociocomunitario

Por outra banda, o alcalde José Manuel López Varela e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, visitaron en Caión as obras de construción do centro sociocomunitario na zona da Insua. Os membros do goberno local puideron coñecer in situ o resultado do desenvolvemento das primeiras actuacións no interior do edificio. Fixerono xunto a dirección do proxecto e a responsables da empresa que está a executar as obras de construción.

Na oportunidade, viron as divisións interiores, colocación do solo, carpintería metálica e de madeira, fontanería, electricidade, climatización, etc. Esta fase das obras prolongarase durante as próximas semanas. Na parte exterior, a estrutura xa está rematada, o que permite contemplar a singularidade e a envergadura da edificación. Cabe lembrar que a primeira fase, a cimentación, fora especialmente laboriosa pola dureza do terreo sobre o que se asenta o inmoble. A existencia do centro comunitario na zona da Insua permitirá programar iniciativas de interese xeral en Caión nunhas instalacións modernas, amplas e cómodas

O centro comunitario de Caión contará con 882 metros cadrados de superficie repartidos entre o soto, a planta baixa e o primeiro andar. Será un edificio de vocación integradora dado que disporá de aulas polivalentes, salas temáticas e tamén un espazo administrativo ao que se trasladará a Confraría de Pescadores.

O proxecto de construción está valorado en 1,2 millóns de euros -cóntase co cofinanciamento de Xunta de Galicia-, aos que hai que engadir outros 104.000 euros que o Concello ten comprometidos para dotar ao inmoble co equipamento necesario para a súa posta en marcha.

Información turística en la antigua casa rectoral de Caión ata setembro
Tags: CaiónConcello de LarachaNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

O libro "O río Anllóns. Arteria Principal de Bergantiños" presentase o venres 7 en Gabenlle

Siguiente Noticia ➡️

Renovan convenio das bibliotecas da Laracha, Paiosaco e Caión na Rede de Galicia

Siguiente Noticia ➡️
convenio Concello e rede bibliotecas de Galicia

Renovan convenio das bibliotecas da Laracha, Paiosaco e Caión na Rede de Galicia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil