sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

O Concello superou a barreira dos 11.600 habitantes

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
marzo 22, 2021
in Parroquias
0
habitantes A Laracha

Os habitantes da Laracha inclúe a persoas procedentes de 37 países estranxeiros diferentes,

0
COMPARTIDA
227
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Segundo os datos recollidos no padrón municipal de habitantes, A Laracha conta con 188 residentes máis que hai un ano

A día de hoxe no Concello da Laracha hai 11.606 habitantes no termo municipal. O que supón un incremento de 188 con respecto á cifra rexistrada hai algo máis de un ano. Isto foi o 14 de marzo de 2020, cando se declarou o primeiro estado de alarma debido á pandemia do coronavirus. Desde esa data rexistráronse 491 altas (409 por cambio de residencia e 69 por nacementos) e 303 baixas (192 por cambio de residencia e 94 por defuncións).

Desa cifra total, o 50,80 % son mulleres (5.896) e o 49,20 % son varóns (5.710). Na pirámide poboacional reflíctese que a franxa de idade con maior número de habitantes é a que vai dos 40 aos 49 anos, con 2.076 persoas. Ademais, hai 851 nenos menores de 10 anos de idade e soamente 4 persoas que superan o século de vida (tres mulleres e un varón).

Por parroquias, as catro que contan con maior número de habitantes son Torás (4.061), Lestón (1.370), Cabovilaño (1.139) e Caión (849). Salientar, tamén, que entre a poboación larachesa hai 332 habitantes procedentes de 37 países estranxeiros. A cabeza Marrocos (69 persoas), Portugal (50), Brasil (27) e Italia (16).

Algo menos para o INE

As cifras do padrón municipal de habitantes presentan certas diferenzas no cómputo con respecto ás do Instituto Nacional de Estadística (INE). O último dato oficial deste organismo data de xaneiro de 2020 que situa a poboación larachesa en 11.406 habitantes. Previsiblemente a actualización recollerá o aumento poboacional rexistrado no padrón no último ano. O continuo e progresivo aumento de poboación que está a rexistrar o Concello da Laracha é un claro indicador da calidade de vida que se ofrece no termo municipal.

Tags: CaiónConcello de LarachaNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Mellora na rede viaria na parroquia de Cabovilaño

Siguiente Noticia ➡️

Placas coa numeración definitiva en Vilaño e Cabovilaño

Siguiente Noticia ➡️
Cabovilaño parroquia do Concello da Laracha

Placas coa numeración definitiva en Vilaño e Cabovilaño

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil