Icono del sitio El Diario de A Laracha

Novo triplo galardón no Concello da Laracha

galardón bandeira azul Caión 2020

O alcalde de A Laracha no acto de izado o pasado ano 2020 do galardón na praia de Caión

Laracha repite galardón de calidade para a praia de Caión, o Sendeiro de Saldoiro e o Museo de Golmar

O Concello da Laracha repite o triplo galardón dos últimos anos. Hoxe foi distinguido coa bandeira azul para a praia de Caión, o sendeiro azul para o Sendeiro de Saldoiro e o centro azul para o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte. A Fundación de Educación Ambiental (FEE) e a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) veñen de facer pública a relación de iniciativas de 2021

Polo tanto, neste verán unha vez máis ondeará na praia de Caión a bandeira azul. Trátase do distintivo internacional de maior prestixio que pon de manifesto a calidade tanto do areal como das súas augas. Tamén pola cobertura de servizos para os usuarios, o respecto medioambiental e á conservación dos ecosistemas.

Así mesmo, o tramo do paseo marítimo de 1,5 quilómetros de distancia entre a praza Eduardo Vila Fano e o arroio Figueirido, denominado Sendeiro de Saldoiro volve contar co distintivo de sendeiro azul.

Por cuarto ano consecutivo tamén a zona interior do municipio obtén un recoñecemento. É pola labor de educación ambiental que se leva a cabo no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga de Golmar. Deste xeito prémiase as iniciativas que se desenvolven nesa instalación municipal. Indirectamente, supón valorar a riqueza etnográfica municipal e o atractivo turístico e medioambiental dos entornos dos ríos Acheiro, Bradoso e Anllóns.

Salir de la versión móvil