Os premios das fotos gañadoras serán entregados este venres e consisten nun total de 700 euros en vales de compra no comercio local
Participaron no concurso en conmemoración do Día das Mulleres Rurais un total de doce fotos. Oito foron na categoría “Mulleres rurais do presente” e outras catro na categoría “Mulleres rurais do pasado”. Cada categoría conta con tres premios consistentes en vales de 200, 100 e 50 euros para gastar nos establecementos comerciais do termo municipal da Laracha. O acto de entrega será este venres ás 11:30 no salón de Plenos do Concello.
Tal e como se establecera nas bases do concurso, outórganse os premios ás tres fotografías de cada categoría que obtiveron máis “me gusta” no Facebook do Concello da Laracha desde o día 26 de outubro ata o 1 de novembro ás 10:00 horas. Unha vez finalizado o prazo, durante o que se recibiron máis de 2.800 votos, a listaxe de fotografías e persoas premiadas é a seguinte:
Categoría “Mulleres rurais do pasado”
- 1º Premio: “As vodas do pasado: Un día de voda” de María del Carmen Iglesias Fraga.
- 2º Premio: “Abuela Xoana” de María Sánchez Tuset.
- 3º Premio: “Nena chamando á corda unha parella de vacas” de José Souto Pallas.
Categoría “Mulleres rurais do presente”
- 1º Premio: “María levando o tractor” de Laura Gayoso Mareque.
- 2º Premio: “Cocendo no pan” de María Sánchez Tuset.
- 3º Premio: “Amor de sacho” de Alberto Méndez Faquet.