A inauguración será este venres ás 20:00 horas no Centro Sociocomunitario de Caión
A fotoperiodista Ana García documenta o fenómeno «Mar de Ardora» desde o ano 2020 na Costa da Morte. Este é o termo como se denomina a imaxe que provoca a auga do mar brillando na escuridade. O seu traballo ofrecese ao público na exposición itinerante que este venres ás 20:00 horas inaugúrase no centro sociocomunitario de Caión coa presenza da autora.
Son16 fotografías nas que se pode contemplar a bioluminiscencia do Mar de Ardora cunha combinación doutros fenómenos como o ariglow e a chuvia de estrelas, entre outros. A mostra poderase visitar ata o 30 de novembro, de luns a venres, en horario de 17:00 a 20:00 horas, con acceso gratuíto.
