O centro comunitario de Caión acolle una exposición de imáxes do fotógrafo Javier Teniente do 8 ou 30 de outubro
Afundación ABANCA e o Concello da Laracha presentan a exposición «Fillos do océano». Trátase das mellores imaxes que o fotógrafo Javier Teniente tomou, durante anos, nunha viaxe por comunidades pesqueiras tradicinais. É un percorrido único polas poblacións costeiras dos cinco continentes, composto por máis de setenta fotografías. Poderanse contemplar no centro comunitario de Caión do 8 ao 30 de outubro de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:00 h os sábados.
Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural» que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. «Fillos do océano» é unha exposición documental que presenta a forma de vida de poboacións que subsisten grazas á pesca artesanal en India, Senegal, Vietnam, Sri Lanka, Madagascar e, tamén, Galicia.
A mostra é unha homenaxe a todos eses pescadores que viven do mar e para o mar e obteñen del todo o necesario para a súa supervivencia. Tamén é unha chamada de atención e de concienciación social a favor da preservación dos ecosistemas mariños. «Só así, preservando o medio ambiente, conservaranse as culturas ligadas á pesca artesanal. Un modo de vida co que, certamente, non se obteñen tantos beneficios a curto prazo como coa pesca industrial. Pero é máis sostible social e ambientalmente», sinala o fotógrafo.
Fotógrafo independente
Javier Teniente iniciou o seu traballo profesional nos diarios Faro de Vigo e Atlántico Diario, como fotógrafo de prensa durante varios anos. Seu labor como reporteiro levouno dun extremo a outro do mundo, cubrindo algúns dos máis importantes acontecementos das últimas décadas. Na actualidade traballa como fotógrafo independente, representado pola axencia Getty Images. Entre os anos 1998 e 2005 colaborou como fotógrafo coa ONG Médicos del Mundo e cubriu conflitos bélicos e desastres naturais en diferentes lugares.
Cabe destacar os traballos realizados en Centroamérica (Huracán Mitch 1998), Kosovo (1999), Timor (1999), Iraq (2003), Haití (2004) ou o tsunami en Banda Aceh, Indonesia (2005). Gañou en dúas ocasións o prestixioso Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria (2003 y 2005). Ademáis, recibiu o Premio Galicia de Comunicación (2004) e unha mención especial nos Premios Ortega y Gasset de Periodismo (2006).