sábado, septiembre 23, 2023
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Segunda escavación arqueolóxica do Castro de Montes Claros

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
abril 5, 2023
in Parroquias
0
segunda escavación arqueolóxica castro montes claros

Castro de Montes Claros en Laracha.

0
COMPARTIDA
69
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello investirá 20.000 euros na segunda escavación arqueolóxica do Castro de Montes Claros.

O Castro de Montes, que terá unha segunda escavación arqueolóxica, é un poboado fortificado da Idade do Ferro situado no lugar do mesmo nome, entre as parroquias de Cabovilaño e Vilaño. Polo seu tamaño, visibilidade e monumentalidade que presenta, constitúe un dos principais sitios arqueolóxicos do termo municipal.

Nos últimos anos o Concello está a realizar unha forte aposta pola posta en valor deste xacemento, incluíndo a adquisición da totalidade dos terreos que albergan o castro, intervencións de limpeza selectiva e deseucaliptización -realizadas a través de campos de voluntariado internacionais ou, como é o caso actual, dun obradoiro de emprego- e mesmo a primeira escavación arqueolóxica profesional feita en 2021 e que incluíu dúas catas coas que se sondearon a croa e a terraza inicial.

Coa fin de darlle continuidade a aquela campaña inicial, o Concello vén de adxudicar a Árbore Arqueoloxía, baixo a dirección de Puri Soto, a segunda escavación arqueolóxica do Castro de Montes Claros que se vai desenvolver ao longo dos próximos meses cos obxectivos de protexer e recuperar este elemento clave do patrimonio municipal mediante a investigación e a promoción sociocultural, contemplando o castro non só como un recurso cultural, tamén como enclave de valor paisaxístico, turístico e didáctico. 

Nesta segunda intervención arqueolóxica proponse a ampliación da cata na primeira terraza nunha superficie de sesenta metros cadrados para descubrir a natureza e extensión do espazo que conforma a porta surleste, investigar a función das grandes piletas escavadas na rocha e definir a estrutura delimitada polo muro empedrado como un posible camiño de acceso á croa. 

Proxecto de escavación

O proxecto da escavación atenderá a tres aspectos fundamentais. O primeiro está relacionado coa documentación e a investigación, presentando os propósitos primordiais tanto de afondar na súa caracterización como de dotar de contexto histórico ao miliario de Vilaño localizado nesta zona. Do mesmo xeito, estudarase o papel xogado polo antigo poboado na conformación das primeiras paisaxes agrarias e as transformacións sufridas durante a romanización. Tamén serán documentados todos os restos achados e tomaranse mostras para efectuar analíticas de carácter antracolóxico e carpolóxico.

Na fase de consolidación, conservación e mantemento inclúense intervencións dese tipo nas estruturas aparecidas en áreas de traballo, contemplando posibles peches controlados de zonas abertas. Tamén se establecerán protocolos de actuación en áreas protexidas para preservar a pradería natural do ámbito.

Por último, na fase de divulgación e comunicación serán deseñadas campañas de promoción e divulgación dos resultados da intervención arqueolóxica como recursos cultural e didáctico especialmente dirixido ao alumnado dos centros de ensino.

O Concello investirá nesta segunda escavación arqueolóxica do Castro de Montes Claros a cantidade de 20.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais.

⬅ Noticia Anterior

Declaración intermunicipal para definir estratexias territoriais de futuro

Siguiente Noticia ➡️

Torneo "Xogade" de xadrez en A Laracha

Siguiente Noticia ➡️
Torneo de xadrez xogade laracha

Torneo "Xogade" de xadrez en A Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.