jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Desbroce completo en Lestón, Coiro, Golmar, Lemaio e Lendo

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
julio 17, 2022
in Parroquias
0
desbroce en A Laracha 2022

Desbroce na área verde anexa ao parque empresarial

0
COMPARTIDA
62
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Os traballos de desbroce tamén se iniciaron noutras seis parroquias e están en marcha nas parcelas de titularidade municipal

Desde o inicio dos traballos previstos na campaña anual de roce e desbroce de cunetas e parcelas de titularidade municipal, xa son cinco as parroquias nas que os labores concluíron. En outras seis, as intervencións xa están iniciadas.

En concreto, completáronse todos os traballos na rede viaria de Coiro, Lestón, Lendo, Lemaio e Golmar. Actualmente estase a actuar nas estradas das parroquias de Vilaño, Montemaior e Soandres. Xa se iniciaron tamén nas principais vías da rede municipal de Caión, Torás e Cabovilaño. Nos próximos días comezarase nas parroquias de Soutullo e de Erboedo. En total ao longo da campaña, que se prolongará ata o outono, serán acondicionados 300 quilómetros de estradas e 83 quilómetros de camiños forestais.

Traballos simultáneos

Tamén están en marcha as intervencións previstas en parcelas de titularidade municipal que non están incluídas no contrato do servizo de limpeza e mantemento de zonas verdes. Suman unha superficie de 32 hectáreas. Nestes momentos a actividade céntrase na área verde anexa ao parque empresarial. As seguintes intervencións localizaranse prioritariamente nos entornos e espazos públicos de aparcamento próximos ás igrexas parroquiais.

O Concello leva a cabo cada ano esta campaña de desbroce para mellorar a visibilidade dos viandantes e condutores e reforzar a seguridade viaria. Tamén para previr riscos de incendio e manter o ornato público na rede de estradas municipais.

Os labores previstos estanse realizando simultaneamente en diversas localizacións grazas á fórmula establecida do contrato dividido en cinco lotes e limitada a adxudicación a un por licitador. En total o Concello destinará a esta campaña 140.000 euros procedentes integramente de fondos municipais.

Tags: CaiónNoticias de Laracharesiduos
⬅ Noticia Anterior

Novos parques infantís en Erboedo e Soandres

Siguiente Noticia ➡️

Acto vandálico en Caión

Siguiente Noticia ➡️
Caión, Concello da Laracha

Acto vandálico en Caión

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil