A inscrición ao curso é gratuita e debe formalizarse no Concello da Laracha
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ofrecerá un curso sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiro de froito. Será o vindeiro 3 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas. A xornada na Laracha, impartida por persoal técnico do Centro Agroforestal do ourensano Concello de Riós, vai dirixida especialmente a tres colectivos:
- produtores en activo
- persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria
- desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario
Os obxectivos principais desta iniciativa son organizar ditas plantacións en función das zonas e do destino final do produto. Ademáis, busca complementar a formación dos produtores de castaña sobre as novidades de investigación, os tratamentos e as tendencias técnicas do mercado, entre outros aspectos. As persoas interesadas no curso, deben anotarse de xeito gratuíto no Concello, ben acudindo á Casa Consistorial ou chamando ao 981605001.