Icono del sitio El Diario de A Laracha

Renovan convenio das bibliotecas da Laracha, Paiosaco e Caión na Rede de Galicia

convenio Concello e rede bibliotecas de Galicia

Este convenio continua facilitando o acceso á cultura da cidadanía compartindo os recursos dispoñibles

O convenio facilita o acceso á cultura da cidadanía compartindo es recursos disponibles

Hoxe celebrouse unha sesión da Xunta de Goberno Local. Unha das cuestións foi a aprobación do convenio entre o Concello e a Consellería de Cultura e Turismo. A firma permite renovar o compromiso de integración das bibliotecas da Laracha, Paiosaco e Caión na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Grazas a este convenio, continuarase facilitando o acceso á cultura da cidadanía compartindo os recursos dispoñibles. Sexa en formato físico a través do Sistema Integrado de Xestión Bibliotecaria ou en formato dixital na plataforma da Biblioteca Dixital Galega GaliciaLe de acceso gratuíto.

O acordo terá unha vixencia de catro anos. O Concello da Laracha comprométese a continuar dotando ás bibliotecas co orzamento necesario para o seu financiamento. Ademáis, entre outros aspectos, permite participar nos programas de préstamo interbibliotecario e cooperar coa Xunta de Galicia na recuperación, conservación e dispoñibilidade pública do patrimonio bibliográfico galego. Pola súa parte, a Consellería dotará ás bibliotecas municipais larachesas do software necesario para a súa xestión. Tamén, prestará apoio técnico para mellorar os servizos e promoverá a realización de accións formativas para o persoal.

Noutra orde de asuntos, na Xunta de Goberno foi concedida a licenza urbanística para un proxecto particular que ten por finalidade a construción dunha vivenda unifamiliar na zona rural do municipio.

Salir de la versión móvil