jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

O Concello pecha os accesos a praia de Caión

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
enero 5, 2021
in Parroquias
0
Concello de Laracha

Praia de Caión, Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
97
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Foi tras detectarse exemplares de carabelas portuguesas na praia

O Concello da Laracha pechou onte os accesos á praia de Caión tras detectarse exemplares de carabela portuguesa. É un organismo que, pola súa toxicidade, pode resultar perigoso para o ser humano. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro Jesús Souto desprazáronse ata Caión. Tras realizar unha comprobación visual por todo o areal, localizaron a presenza desta especie nas zona das Salseiras e do Caracoleiro. Isto é, na parte da praia máis afastada do centro de vila. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha encargarase da súa retirada. Unha vez completados ditos traballos procederase á reapertura da praia.

Menhir de Erboedo

Na última sesión da Xunta de Goberno Local foi aprobado o proxecto de expropiación dos terreos nos que se sitúa o menhir de Erboedo, coñecido como marco da Anta ou pedra do ghicho. O propósito de adquirilos é preservar o valor histórico dun dos elementos máis importantes do patrimonio arqueolóxico municipal.

O menhir de Erboedo está datado na Idade de Bronce. Trátase dunha pedra de granito groso, con vetas de cuarzo e feldespato, que alcanza os dous metros de altura. Na súa base posúe catro pedras do mesmo material a modo de calzos de apoio.

O goberno local impulsara o Plan Especial de Patrimonio Cultural co obxectivo de ofrecerlle a máxima protección a este menhir e a outros seis elementos do catálogo como Castro de Montes Claros, Castro da Pena, Croa de Santa Baia, as Torres de Cillobre e os dous Fornos dos Mouros de Soandres. A intención é posibilitar a súa adquisición polo Concello para conservalos e poñelos en valor.

Investimento

O documento de expropiación aprobado delimita o ámbito territorial en canto a situación xeográfica, superficie e lindes, con descrición dos bens e dereitos afectados e a relación das persoas titulares dos terreos. En virtude do mesmo está previsto un investimento duns 8.000 euros para adquirir unha superficie de 4.651 metros repartidos en tres parcelas catastrais cualificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo rústico de protección integral de patrimonio e solo rústico de protección forestal ou de montes. A taxación foi realizada mediante a capitalización da renda anual da explotación segundo o seu estado. A tramitación é polo procedemento de taxación conxunta.

Continuando cos trámites administrativos, o acordo da Xunta de Goberno Local será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e estará un mes en exposición pública antes de elevarse a definitiva a aprobación do proxecto de expropiación. Así mesmo, notificarase aos propietarios dos terreos e abrirase o período de alegacións ao xustiprezo. Unha vez completado o procedemento de compra, o Concello estará en disposición de levar a cabo as actuacións precisas para permitir a conservación do menhir, poñelo en valor e acondicionar o terreo e os accesos.

Menhir de Erboedo, coñecido como marco da Anta ou pedra do ghicho
Tags: Concello de LarachaNoticias de Laracharural
⬅ Noticia Anterior

O Concello e ACSIL renovan o convenio de colaboración

Siguiente Noticia ➡️

Colaboración a favor do benestar dos cans

Siguiente Noticia ➡️
colaboración Concello de Laracha y clínica veterinaria

Colaboración a favor do benestar dos cans

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil