Os representantes do goberno local se interesaron polas obras na mellora da fachada do colexio
O alcalde, José Manuel López Varela e a concelleira de Ensino, Patricia Bello, mantiveron unha reunión coa directora do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, Agripina Alfeirán. Na oportunidade analizaron as principais necesidades que presentará o colexio de cara ao inicio do próximo curso escolar.
Aproveitando o encontro, os representantes do goberno local interesáronse polo desenvolvemento das obras de mellora das fachadas dos dous edificios do centro educativo. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, inviste máis de 23.000 euros na súa impermeabilización. Trátase dun sistema de illamento térmico para o exterior (SATE), actuacións que están moi avanzadas e que se culminarán posteriormente co pintado exterior. A Xunta tamén procedeu á substitución da porta traseira do edificio principal do colexio.
Ademáis, neste verán o Concello acometerá a mellora da cuberta da pasarela que comunica os dous edificios deste centro educativo.
No próxima semana o alcalde e a concelleira de Educación teñen previsto manter unha reunión cos directores dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha e Caión. A intención é coñecer de primeira man, as necesidades perentorias para estes colexios no próximo curso escolar.