jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Traballos de mellora no centro sociocultural de Paiosaco

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
septiembre 19, 2020
in Parroquias
0
trabajos en el centro sociocultural de Paiosaco do obradoiro de emprego

Os alumnos-traballadores do obradoiro de emprego no centro sociocultural de Paiosaco xunto ao alcalde

0
COMPARTIDA
125
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Os alumnos-traballadores do programa de formación e emprego, actuan no interior e exterior do centro sociocultural

A especialidade de pintura industrial do obradoiro de emprego A Laracha V, está a traballar no centro sociocultural de Paiosaco. Realizan unha ampla intervención tanto no exterior como no interior das instalacións. As actuacións comezaron nas diferentes salas do interior do edificio –centro social da terceira idade, biblioteca e aulas-. Tamén, nas zonas comúns –recibidor, canón das escaleiras de acceso ao salón de actos, etc.-.

Agora estase intervindo, simultaneamente, nas fachadas exteriores, que están a ser obxecto dunha limpeza integral. A continuación, aplicaráselles fibra reparadora e unha nova pintura de caucho impermeabilizante. Ademáis, se realizarán traballos de similares características no acceso principal, incluíndo tanto a marquesiña da entrada como o muro da rampla.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Emprego, Rocío López, acudiron a Paiosaco para manter un encontro co alumnado traballador e o persoal docente.

Esta especialidade de pintura xa realizara outras intervencións na Casa da Cultura, edificio administrativo e Casa do Concello. Mentres, a outra especialidade, a de carpintería de madeira, centra a súa actividade na renovación da pasarela do paseo fluvial do Anllóns.

O obradoiro remata no mes de decembro

Lembramos que o obradoiro de emprego A Laracha V, o programa dual de formación e emprego promovido e financiado polo Concello e a Xunta de Galicia, continúa desenvolvendo a súa actividade práctica. Participan vinte alumnos traballadores –dez en cada unha das dúas especialidades-, ademais das cinco persoas que forman o equipo directivo, docente e administrativo.

O obradoiro rematará no mes de decembro e ten un orzamento total de 863.000 euros. O Concello da Laracha e a Xunta de Galicia continúan apostando por estes programas duais de formación e emprego. Eles, permiten aos alumnos-traballadores acceder a unha remuneración económica durante o seu desenvolvemento. Pero tamén, aprender unha profesión e realizar actuacións de interese xeral para a veciñanza do termo municipal. Ao completar de xeito óptimo a especialidade correspondente recibirán o certificado de profesionalidade. Así, acreditarase a súa formación, cualificación e competencia para o exercer a profesión, mellorando por tanto a súa empregabilidade e facilitando a posterior inserción no mercado laboral.

Tags: Concello de LarachaNoticias de LarachaPaiosaco
⬅ Noticia Anterior

O incumprimento das obrigas de conservación dos terreos privados implica multas

Siguiente Noticia ➡️

Rematou a mellora da estrada entre Santa Margarida e A Silva

Siguiente Noticia ➡️
mellora estradas A Laracha

Rematou a mellora da estrada entre Santa Margarida e A Silva

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil