Carolina Castiñeiras, estivo arroupada polo Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e pola Portavoz Nacional Ana Pontón
O domingo 30 o BNG da Laracha presentou a súa candiatura, encabezada por Carolina Castiñeiras, para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. O acto tivo lugar nunha casa da Cultura ateigada de xente. A candidata estivo arroupada polo Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e pola Portavoz Nacional Ana Pontón.
Regueira, que lembrou os seus inicios na política militando nesta localidade de donde é orixinario, adicou unhas agarimosas palabras á candidata. Dixo dela que é «unha política experimentada, dialogante e comprometida».
Pola súa parte, Ana Pontón, dirixiuse especialmente á xente moza da Galiza á quen instou a ser o motor de cambio real o 28M «para empezar a construir unha nova Galiza concello a concello». Ademáis, dixo sentirse moi emocionada «por ver unha candidatura como a da Laracha, con tantos xóvenes implicados«.
Finalmente, Carolina Castiñeiras centrou o seu discurso en poñer en valor os gobernos do BNG nos diferentes concellos de Galicia. Mencionou cidades como Pontevedra, vilas como Carballo ou concellos rurais como Allariz. «Estes concellos son referentes a través de políticas culturais vangardistas e orixinais, rexenerando as contornas urbanas e conservando os patrimonios culturais e naturais». Finalmente ánimou á veciñanza da Laracha «a apoiar co seu voto ao BNG para transformar e deseñar a Laracha do futuro».
