jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Expropiación das fincas que albergan a carballeira de San Fins en Montemaior

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 26, 2020
in Parroquias
0
parroquias de Montemaior A Laracha

Visita a Montemaior

0
COMPARTIDA
621
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Están afectados polo expediente 21.716 metros cadrados de superficie en Montemaior

Na última sesión da Xunta de Goberno Local foi aprobado o proxecto de expropiación das fincas que albergan a carballeira de San Fins, na parroquia de Montemaior. O documento delimita o ámbito territorial en canto a situación xeográfica, superficie e lindes, con descrición dos bens e dereitos afectados e a relación das persoas titulares dos terreos. Está previsto un investimento de 72.620,81 euros por parte do Concello para adquirir unha superficie de 21.716 metros cadrados. Están repartidos en doce parcelas catastrais clasificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como solo rústico de protección natural polo sistema de espazos libres. A taxación foi realizada mediante a capitalización da renda anual da explotación segundo o seu estado. A tramitación é polo procedemento de taxación conxunta.

Continuando cos trámites administrativos, o acordo da Xunta de Goberno Local será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e estará un mes en exposición pública antes de elevarse a definitiva. Así mesmo, notificarase aos propietarios dos terreos e abrirase o período de alegacións ao xustiprezo.

Espazo econatural

Unha vez completado o procedemento de compra dos terreos en Montemaior, o Concello ten proxectadas unha serie de actuacións dirixidas a poñelos en valor econatural. Tamén, evitar o deterioro da carballeira de San Fins. É un ámbito de especial riqueza ao albergar árbores autóctonas –principalmente, carballos e castiñeiros-, nalgúns casos centenarias.

O dobre obxectivo último é conservar o patrimonio natural municipal e habilitar neste espazo unha nova área de ocio e esparexemento. Tanto para uso e disfrute da cidadanía larachesa como para aumentar o potencial turístico do municipio. O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, xunto aos concelleiros Jesús Souto e Patricia Bello, visitaron a carballeira de San Fins para coñecer o seu estado actual.

Tags: Noticias de Laracharuralsociedad
⬅ Noticia Anterior

Orzamento municipal do 2021: 8.305.000 euros

Siguiente Noticia ➡️

Programa de Nadal da Laracha

Siguiente Noticia ➡️
programa infantil de nadal

Programa de Nadal da Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil