O acto de presentación da candidatura completa do Psoe Laracha contará coa presenza de José Manuel Lage Tuñas, Secretario de Organización do PSdeG
Palomi Rodríguez presenta este xoves 4 de maio ás 19:00 horas a candidatura completa á alcaldía da Laracha na Taberna en Santa Margarida de Montemaior. Para arroupar á candidata cabeza de lista, o acto contará con José Manuel Lage Tuñas, Secretario de Organización do PSdeG-PSOE.
A presentación servirá para coñecer ás persoas integrantes da candidatura do Psoe da Laracha ás eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio próximo. «A lista axunta experiencia e renovación. Algunhas das persoas que a integran desempeñan o cargo de concelleiros e concelleiras durante este mandato. Outras son novas, pero aportan unha gran bagaxe de capacidade e gañas para traballar polo futuro da Laracha e das súas parroquias», afirman desde a formación política local.
Además, la candidata á alcaldía explicó que o equipo «está integrado por larachesas e laracheses de idades diversas, da contorna rural e urbana, procedentes do sector privado e do público e gran coñecedores da realidade das distintas parroquias». O acto será aberto a toda a veciñanza, e haberá actuación de música tradicional dun grupo da vila. A continuación ofrecerase un ágape e un viño.
