A campaña faise co dobre obxectivo de mellorar a estética e previr riscos por posibles caídas de materia vexetal
O Concello da Laracha ten en marcha a campaña de poda de árbores que se está a desenvolver en espazos públicos de diversos puntos do termo municipal. Os traballos lévanse a cabo na época do ano oportuna para este tipo de intervencións. As actuacións máis amplas foron as xa realizadas hai varias semanas no campo da feira de Paiosaco. Tamén, na Avenida Fisterra á altura das Torres de Cillobre.
Nos últimos días acometeuse a poda das árbores situadas xunto ao acceso ao IES Agra de Leborís pola rúa Manuel Murguía. Ademáis, se realizaron traballos de retirada de árbores caídas no río Anllóns á altura do Formigueiro, limpándose a canle fluvial e favorecendo a circulación da auga.
Así mesmo, está previsto realizar a poda do álamo da praza xunto ao centro médico da Laracha. Tamén se levarán a cabo traballos de similares características noutras localizacións públicas como a Praza do Concello e o parque Maximino Canedo. No paseo marítimo de Caión a intervención consistirán no rebaixe dos setos.
A campaña de poda de árbores que cada ano desenvolve o Concello da Laracha ten por finalidades mellorar a estética nos espazos públicos. Pero, ademáis, previr que se produzan danos por posibles caídas de materia vexetal.