domingo, julio 13, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

50 participantes no campamento de verán en Caión

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
julio 14, 2022
in Parroquias
0
Caión acoge campamento de verán do concello da laracha

Participantes do campamento de verán en Caión

0
COMPARTIDA
110
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Ademais das actividades en Caión, o programa inclúe visitas ao aquapark de Cerceda e ao centro de turismo ecuestre O Ventoso

Nesta semana estase a realizar o campamento de verán organizado polo Concello en Caión. Participan cincuenta rapaces de idades comprendidas entre os 8 e os 11 anos. Cada día o autobús cos rapaces e os monitores sae da praza do Concello ás 10:00 horas e regresa ás 18:00. A parada para o xantar é nas instalacións do centro sociocomunitario é ás 14:00.

O luns, na primeira xornada do campamento, os rapaces practicaron surf e kaiak pola mañá e, pola tarde, realizaron un obradoiro de slime. No día martes, a xornada desenvolveuse integramente no aquapark de Cerceda.

Pola mañá de onte realizaron un roteiro en bicicleta e xogaron ao volei praia. A mediodía, antes do xantar, recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira Patricia Bello. Pola tarde participarán nunha xincana de xogos tradicionais.

Turismo ecuestre

A xornada de hoxe será íntegra no centro de turismo ecuestre O Ventoso de Erboedo. O venres despedirán a actividade practicando tiro con arco e sumo e desfrutando cos inchables de auga e a festa da escuma.

Neste campamento o Concello da Laracha asume os custos do transporte en autobús, do xantar e de todas as actividades que se realizan en Caión e no seu entorno. Todos os anos o Concello aposta por celebrar estes campamentos no marco do programa cultural e deportivo de verán aproveitando as instalacións municipais. Ademais, os campamentos son unha axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar dos seus pais durante as vacacións nos centros de ensino.

Tags: CaiónNoticias de Laracharural
⬅ Noticia Anterior

Deportistas do SAL en Laxe

Siguiente Noticia ➡️

Laracha contratará 10 persoas para formar brigadas contra incendios

Siguiente Noticia ➡️
brigadas contra incendios en A Laracha

Laracha contratará 10 persoas para formar brigadas contra incendios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil