jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Reabren as bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 17, 2020
in Parroquias
0
Reabren as bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión
1
COMPARTIDA
131
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

As bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión reabrirán ao público mañá, lunes 18 de maio. Farano coas limitacións establecidas no protocolo de actuación fronte á Covid-19.

Soamente se ofrecerá o servizo de préstamo de libros, que unha vez devoltos estarán catorce días en corentena de acordo á normativa das autoridades sanitarias. Por este mesmo motivo, os préstamos limitaranse a dous libros por persoa durante 21 días. Os servizos que non estarán dispoñibles son os de lectura en sala e o emprego dos ordenadores.

Asimesmo, o aforo limitarase a un único usuario por quenda no interior da instalación. A excepción dos menores de doce anos que deben acudir acompañados dunha persoa adulta. Os usuarios que acedan ás bibliotecas deberán facelo con máscara e empregar o xel hidroalcóholico que estará á súa disposición no interior das instalacións. En todos os casos, os libros serán solicitados polos usuarios e proporcionados polo persoal da biblioteca, tocándoos o menos posible.

Horarios de luns a vernes

Ademais, e importante coñecer que os horarios de apertura das bibliotecas municipais serán os seguintes de luns a venres:

  • Biblioteca municipal da Laracha: de 12 a 14 h pola mañá e de 17 a 19 h pola tarde.
  • Bibliotecas municipais de Paiosaco e Caión: De 17 a 20 h.

Xunta de Galicia

Ademais, as bibliotecas e museos xestionados pola Xunta de Galicia reinician esta semana a súa actividade presencial, coa apertura progresiva dos equipamentos en varias fases e a reincorporación do seu persoal. Farano a través dun protocolo específico que establece pautas e medidas de protección e hixiene co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria para traballadores e usuarios.

Os primeiros equipamentos en reabrir as súas portas serán as sete bibliotecas públicas da rede autonómica, que operarán a partir de mañá tras realizar na última semana as actuacións previas establecidas polo Ministerio de Sanidade. Trátase da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura; a Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, a Biblioteca de Lugo, a de Ourense, a Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra, a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago e a Biblioteca Juan Compañel de Vigo.

Tags: coronavirusculturaNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Recursos online no Día das Letras Galegas, tributo a Ricardo Carvalho

Siguiente Noticia ➡️

Domingo con menos casos por covid-19

Siguiente Noticia ➡️
Usa mascarilla cuando no puedas guardar la distancia de seguridad

Domingo con menos casos por covid-19

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil