domingo, julio 13, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Charla divulgativa sobre as aves mariñas da Costa da Morte

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
octubre 18, 2021
in Parroquias
0
aves mariñas costa da morte

Charla divulgativa en Caión sobre aves mariñas da Costa da Morte

0
COMPARTIDA
26
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O próximo venres desde as 19:00 horas no centro sociocomunitario de Caión abordarase a realidade, os retos e o valor das aves mariñas

A charla divulgativa Veciñas do Mar e do Ceo, trata sobre a situación das distintas especies de aves mariñas que residen ou transitan pola Costa da Morte. Será no Centro Sociocomunitario de Caión o vindeiro venres 22 de outubro, ás 19.00 horas, con entrada gratuíta ata completar a capacidade máxima da sala. Organiza, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) en colaboración co Concello da Laracha

A actividade ten o obxectivo de dar a coñecer entre a veciñanza de diferentes vilas costeiras da Costa da Morte, o Golfo Ártabro e o Ortegal a información recollida no marco do proxecto Aves Ártabras (ÁRTABRO2) .

#avesartabras aposta pola investigación, coñecemento e posta en valor das aves mariñas da costa coruñesa entre as Illas Sisargas e a provincia de Lugo. Estuda especies como o corvo mariño cristado, gaivotas, pardelas e outras, así como súas interaccións coa actividade pesqueira. Froito deste proxecto realizanse censos e traballos moi interesantes ao longo da costa de todo este territorio. En concreto, na costa da Laracha, na contorna de Caión e Punta Atalaia, existe unha importante colonia de cría de corvo mariño, especie ameazada.

Zona de Especial Protección para as Aves

Estas investigacións enmárcanse na continuación do proxecto Aves Ártabras do CEIDA (ÁRTABRO2). Trátase dunha iniciativa que busca a declaración de Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) no Golfo Ártabro. Este proxecto tivo a súa primeira fase durante o ano 2019 e ten a súa continuación neste 2021. Conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar.

Pola súa parte, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) é un consorcio conformado pola Xunta de Galicia, a Concellería de Medioambiente e o Concello de Oleiros. Leva máis de 20 anos sendo o Centro de Referencia para a Educación Ambiental en Galicia. Ten a súa sede no Castelo de Santa Cruz.

Tags: Caiónculturalaracha noticias
⬅ Noticia Anterior

O Concello oferta 31 actividades culturais y deportivas

Siguiente Noticia ➡️

Formalizado o contrato de obras nos accesos ao CEIP Otero Pedrayo

Siguiente Noticia ➡️
obras de mellora en el entorno del CEIP Otero Pedrayo

Formalizado o contrato de obras nos accesos ao CEIP Otero Pedrayo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil