Icono del sitio El Diario de A Laracha

Mellora da rede de auga potable nas parroquias de Golmar e Vilaño

auga potable mas parroquias Concello de A Laracha

O proxecto de abastecemento de auga potable será financiado integramente con fondos municipais por 45.000 euros

Novo proxecto de auga potable. Na última sesión plenaria aprobouse o suplemento de crédito que permitirá incorporar aos orzamentos municipais 1.119.706,17 euros. Éstes proceden do remanente de tesourería e se destinarán a financiar actuacións de interese xeral municipal. Dito expediente está actualmente en período de exposición pública.

Así, un dos proxectos previstos para executar é mellorar a rede de abastecemento de auga potable na parte alta das parroquias de Golmar e de Vilaño. A actuación, consiste na ampliación da rede coa instalacións duns 1.500 metros de novas tubaxes. Recibirán subministro directo por bombeo desde a estación potabilizadora (ETAP) de Gabenlle.

Deste xeito, reforzarase o caudal no ramal que abastece aos núcleos de poboación da Viña, As Brañas da Viña, Marfulo, O Igrexario de Golmar e O Ramallal. O proxecto, que é financiado íntegramente con fondos municipais, suporá un investimento de 45.000 euros.

Salir de la versión móvil