Desde o luns 11 de maio na Casa do Concello e no edificio administrativo da Laracha recuperarse a atención presencial á cidadanía con cita previa. Farase cumprindo con todas as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias.
O horario será de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres. Para reservar cita e acudir na atención presencial, debe chamarse a partir do luns aos seguintes número de teléfono dependendo do departamento para a que se solicita:
Casa do Concello (981 605001)
- Oficinas xerais.
- Servizos económicos.
- Alcaldía.
- Urbanismo.
- Medio ambiente.
- Cultura e Deportes .
Edificio administrativo (981 612811)
- Servizos sociais.
- Emprego.
- Centro de Información ás Mulleres (CIM).
- Policía Local.