O programa “Outono Activo” do concello da Laracha consistirá en tres andainas gratuítas
O Concello organiza o programa Outono Activo, unha nova iniciativa que inclúe andainas por entornos fluviais do termo municipal. Vai dirixida a persoas maiores de 55 anos de idade para ofrecer a oportunidade de realizar actividade física ao aire libre. Tamén, para descubrir lugares e paraxes de alto valor natural, paisaxístico e patrimonial pola riqueza etnográfica dos muíños de auga. A inscrición nas tres opcións xa está aberta:
- Primeira andainas: 20 de outubro. Trátase dun percorrido de sete quilómetros e dificultade moderada a carón do río Bradoso, con inicio e fin na escola de Cumiáns.
- Segunda cita: 27 de outubro ruta de cinco quilómetros, tamén de dificultade moderada, polo río Acheiro, con inicio e fin no museo dos Muíños de Golmar. Nestes dous casos os participantes sairán en autobús desde a Praza Olonne sur Mer ás 10:00 horas e terán transporte de regreso ao rematar a xornada.
- Última ruta: 3 de novembro con protagonismo para o río Anllóns. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza Olonne sur Mer, punto ao que retornarán os participantes tras un percorrido de sete quilómetros e dificultade baixa.
A inscrición a é gratuíta e vai dirixida en exclusiva a persoas maiores de 55 anos de idade e empadroadas no termo municipal da Laracha. Para anotarse é preciso cubrir o formulario de inscrición que estará dispoñible na web municipal. Ademási, pode facerse contactando no edificio administrativo da Laracha de xeito presencial ou chamando ao 981 612811.
